Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Pontevedra, en xuntanza mantida o luns día 20 de xaneiro en sesión extraordinaria, adoptou os seguintes acordos:

1.- Manifestar o noso rexeitamento á decisión unilateral da Consellería de Sanidade de modificar o mapa sanitario actual, derivando doentes da nosa Área ao área sanitaria de Santiago.

2.- Mostrar a nosa negativa total e absoluta a aceptar a centralización do servizo de esterilización, o cal en realidade é unha nova privatización dun servizo público. Esta Xunta de Persoal oponse a calquera nova privatización e esixe a reversión ao sistema público de saúde do anteriormente privatizado.

3.- Declarar a nosa frontal oposición á imposición do modelo de xestión clínica que propón o SERGAS.

4.- Solicitar unha xuntanza URXENTE á Conselleira de Sanidade e á Xerente Xeral do SERGAS.

CONNVÓCANSE CONCENTRACIONS NA PORTA PRINCIPAL DE TODOLOS CENTROS DE TRABALLO, ÁS 12,00 H. OS MARTES E XOVES, A PARTIRES DO VINDEIRO MARTES DÍA 28 DE XANEIRO, COMO RESPOSTA AS ÚLTIMAS MEDIDAS ADOPTADAS POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE: CENTRALIZACIÓN DE ESTERILIZACIÓN (PRIVATIZADA), DERIVACIÓN DE DOENTES A SANTIAGO, ÁREAS DE XESTIÓN CLÍNICA…
 
¡ACUDE E PARTICIPA!
 
XUNTA DE PERSOAL DO ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA