Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

FOLGA XERAL

NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

    Feijoo demanda das/os demais que cumpran as normas, mentres el segue a incumprir os acordos asinados na mesa sectorial, que teñen carácter de norma, e polo tanto son de obrigado cumprimento.

    No ano 2010, o goberno do PP suspende os acordos de mellora retributiva e laborais, así coma a carreira profesional.

    No ano 2017, séguenos a negar o dereito a negociar un calendario de recuperación dos mesmos. Condenando así ao persoal do SERGAS a ter as retribucións máis baixas ca o resto de traballadoras/es da Xunta de Galiza, e do resto dos Servizos de Saúde.

    Entende o Sr Feijoo que os únicos que teñen dereito, non só á recuperación salarial, se non a incrementar o seu salario, son el e o seu goberno. Por iso permitiuse no ano 2017 subirse o seu salario un 7.5% cando no ano 2010 só o rebaixou un 3%.

Se a recuperación económica é froito do noso esforzo,

os nosos salarios tamén teñen que recuperarse

 

Non lle consintamos a Feijoo que siga insultando as/os traballadoras/res do SERGAS. Xa no ano 1991 impediu que as/os traballadoras/es do SERGAS cobrásemos a mesma retribución do complemento específico que o resto de traballadoras/es da Xunta de Galiza.

Co acordo 2008-12 as/os traballadoras/es do SERGAS iamos reducir esa diferencia salarial do complemento específico, pero chegou Feijoo e roubounos os nosos dereitos.

E si falamos da atención continuada: noites, festivos, gardas.... seguemos a estar a cola das retribucións dos servizos de saúde.

E na enfermidade, ao persoal do SERGAS é a único persoal que se lle desconta o 50% do salario nos 3 primeiros días de baixa.

Entre todas e todos temos que obrigar a Feijoo a que cumpra as normas de:

Acordo retributivo 2008-12.
Acordo salarial de atención primaria. As/os traballadoras/es de primaria non poden seguir a cobrar, indefinidamente, o 80% da retribución correspondente a noites, domingos e festivos.
A carreira profesional, concepto retributivo recollido no Estatuto Marco, para todas as categorías .
Pago do 100% en caso de I.T e recollida no estatuto de persoal sanitario e non sanitario desde o ano 1972.
 

Pola defensa dos teus dereitos e pola túa dignidade profesional.

PARTICIPA NA FOLGA DOS DÍAS 2 e 3 de Novembro.

É responsabilidade de Feijoo e do Conselleiro de sanidade manter a paz social no SERGAS.