Atención Hospitalaria

O Persoal do Hospital do Salnés achaca o deterioro do servizo á xestión integrada

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

salns_3

 

Catro anos despois de implantarse a área sanitaria de xestión integrada Pontevedra-O Salnés a xunta de persoal do centro hospitalario comarcal presenta un balance demoledor sobre as repercusións negativas que tivo no servizo sanitario para os veciños da comarca. Os representantes do persoal denuncian que se primou a atención asistencial no CHOP á conta de levar equipos bos para Pontevedra e traer para a comarca outros obsoletos. Tamén se levaron á capital neuropediatría, en tanto que as consultas de neurología e cardiología rexistran agora 8 e 10 meses de espera respectivamente.

"O últimos catro anos foron difíciles e os peores para a sanidade pública do Salnés. Cando en xullo de 2011 aprobouse o decreto da área integrada, tememos que se producise unha absorción por parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra en todos os órganos de xestión. Catro anos despois cumpríronse os nosos vaticinios, porque perdemos varios servizos", explicou a presidenta da xunta de persoal, Celia Igrexas.

A xestión integrada para O Salnés supuxo a eliminación do almacén e a retirada da área de subministracións e compras; non contar con servizo de informática propio (agora resólvense os problemas desde Pontevedra e por teléfono); o peche das áreas de Recursos Humanos e de Contabilidade (agora o centro carece de orzamento propio), así como os servizos de mantemento e farmacia.

No ámbito hospitalario, un dos cambios que afectaron directamente os usuarios foi o peche do servizo de cita previa polas tardes, o que agora supón interminables esperas para poder solicitar unha consulta nalgunha especialidade.

O Hospital do Salnés perdeu nos últimos anos a consulta de neuropediatría, a pesar das reclamacións dos pais dos nenos que eran atendidos neste centro. O centro hospitalario antes contaba con servizo permanente de neurología e agora trasládase un neurólogo desde Pontevedra tres días á semana para consultas, o que implica unha lista de espera de oito meses.

O servizo de cardiología, unha vella reivindicación do persoal do Hospital do Salnés, depende de Pontevedra e ao centro situado en Rubiáns acode un especialista tres veces por semana para atender consultas. A consecuencia, segundo relatan os membros da xunta de persoal, é unha lista de espera que xa suma dez meses.

Pero non son os únicos recortes que denuncian os delegados sindicais: o equipo da unidade móbil de resonancia magnética limitou a súa presenza en Vilagarcía, mentres en Pontevedra instálase outra. Tamén se levaron para o CHOP o telemando de Raios para servizos dixestivos que había no Salnés, así como outro material sanitario de última xeración, en tanto que ao hospital comarcal enviaron ecocardios obsoletos. "Ata nos levaron berces novos e trouxéronnos outras vellas de Pontevedra", declarou a presidenta da xunta de persoal.

"Somos o cemiterio das historias clínicas en papel de Pontevedra, incluída atención primaria. No noso centro hospitalario hai escaseza de espazo; non se pode ampliar ningunha sala, pero con todo habilítanse lugares para almacenar documentos alleos á nosa zona", expuxo Celia Igrexas.

A área de xestión integrada tamén afecta os centros de atención primaria do Salnés. En Vilagarcía nos últimos anos perdeuse a análise das mostras ambulatorias, así como o servizo de radioloxía, polo que cada vez que un médico de familia pide esta proba, o paciente ten que desprazarse ao Hospital do Salnés para realizala.

"Os centros médicos carecen de espazo suficiente e moitos deles aínda presentan barreiras arquitectónicas. O de Vilagarcía resulta pequeno, pero non se buscan solucións. Na Illa de Arousa mesmo se ofreceron terreos para a construción dun novo, pero por culpa dos recortes non chegou a construírse. Imos a peor porque seguen recortando e precarizando os servizos", apuntou o delegado sindical Ramón Barreiro.

Outra das integrantes da xunta de persoal engadiu que os problemas en atención primaria repercuten no servizo de urxencias do Hospital do Salnés que moitas veces se masifica por atender cuestións que debían verse na área de Primaria.

Outros problemas denunciados polos delegados sindicais da persoal da área sanitaria do Salnés son a deterioración das condicións de contratación do persoal, sendo actualmente peores que noutras áreas, o que implica que os traballadores non queiran estar neste destino, o aumento da carga de traballo e a modificación de axendas. "Xa non nos deixan facer novas técnicas de CMA (cirurxía maior ambulatoria) a pesar de que algunhas estaban previstas para a futura carteira de servizos do Hospital do Salnés", expuxo Celia Igrexas.

 

FONTE: Faro de Vigo

 

Comeza a Campaña de Vacinación Antigripal para as traballadoras e traballadores no Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Im-2433-ga

Xa comezou a CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL, que continuará até o 19 de decembro.

Como sabedes, ademais de para outros grupos de risco aos que se lles debe recomendar a vacina, tamén está especialmente indicada para o persoal sanitario, co obxectivo de minimizar a transmisión do virus.

Durante esta primeira semana, a vacinación para o persoal sanitario do centro que o desexe, se levará a cabo de martes a xoves no HOSPITAL DE DIA, no seguinte horario: de 8 a 9 horas de 14 a 15 horas.

 

Contra os recortos no novo Hospital de Vigo

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

manifestacion_vigoimage12

 

CIG-Saúde pide o "rescate" do servizo de electromedicina

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Electromedicina

 

CIG-Saúde, denuncia que o actual servizo de electromedicina está a provocar "graves prexuízos nos pacientes" e nos propios traballadores dos Hospitais de Pontevedra e O Salnés. Para CIG, diante deste escenario, non queda outra solución que "rescatar o servizo".

Dous anos despois da privatización do servizo de electromedicina, na Estructura de Xestión Integrada de Pontevedra-Salnés, e da denuncia de CIG-Saúde alertando das "graves consecuencias para a calidade asistencial", este sindicato asegura que "a situación actual é moi preocupante polo deterioro no que se atopa grande parte do equipamento electromédico, afectando directamente as prestacións sanitarias". Segundo a CIG, os "incumprimentos" de Iberman, S.A., adxudicataria deste contrato son "constantes", e o que considerán é "máis grave", o Sergas "non fai nada para solucionar esta situación".

Por iso dende a central nacionalista apuntan que "todo nos leva a pensar que esta empresa está a recibir trato de favor polos actuais responsables da administración sanitaria". Entre outras cuestións afirman que esta adxudicataria non cumpre cos mantementos correctivos, preventivos e técnico legais, que non se empregan repostos orixinais, non se informa a administración en tempo real da situación dos equipos, non teñen todo o persoal que ofertaron, non hai presenza física do persoal as 24 horas de acordo co contrato, "e poderiamos seguir", engaden. O servizo de radioloxía está tendo "constantemente problemas como consecuencia da falta de resposta ás avarías no sistema de revelado de placas e salas de raios x".

Isto implica repetición de probas, cancelación de citas e máis traballo para os profesionais. "Tamén existen problemas en quirófanos, tendo que cancelar algunha intervención, en laboratorios, en endoscopias, en esterilización e podíamos seguir numerando equipos e servizos que se están vendo afectados por esta situación", di CIG-Saúde. Este sindicato exixe, unha vez máis, que se rescate o servizo de electromédicina e que sexa o propio hospital quen asuma o mantemento electromédico, como se viña facendo, "e cun resultado excelente, anteriormente a esta privatización".

NOTA: Pontevedraviva.com

 

CIG-Saúde Pontevedra entrega un escrito á Conselleira denunciando o peche de Camas na EOXI de Pontevedra e O Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
CIG_entrega
CIG-Saúde Pontevedra fai entrega dun escrito a Conselleira, Rocío Mosquera, denunciando o peche  de camas na EOXI de Pontevedra e Salnés e alertando das consecuencias desta decisión: aumento das listas de espera, colapso nas urxencias, desvío de doentes a privada e máis paro entre os profesionais sanitarios.
CIG-Saúde vai a seguir loitando para revertir esta situación e para que os hospitais estean operativos as 24 horas.
 

Concentración contra o peche de camas convocada por CIG e apoiada polos traballadores e traballadoras de Montecelo

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cig_saude_1

Traballadores sanitarios concentráronse onte pola mañá na entrada do hospital Montecelo de Pontevedra para protestar polo peche de camas deste verán. É a segunda mobilización que convocan os sindicatos tras facerse público por parte do Sergas que se clausurarán entre xuño e setembro 98 cuartos entre os tres hospitais da área. A protesta de onte foi impulsada por CIG-Saúde, días despois da acordada pola xunta de persoal do Chop. Desde CIG sobrecarga de traballo e que non se cobren baixas.

 

Avaliación dos resultados en Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

datauri-file16datauri-file12datauri-file13datauri-file14

 

Avaliación dos resultados no Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

datauri-file6datauri-file8datauri-file9datauri-file10datauri-file11

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>