Atención Primaria

Información Comisión de Primaria abril de 2015

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

datauri-file4 Descargar en PDF

 

Comisión de Primaria. Xuntanza de marzo do 2015

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Comisión de Primaria . Resumo da Xuntanza de marzo de 2015.

 cENTRO


Permisos e cambios de quenda.

CIG-Saúde ten esixido en diferentes ocasións  criterios uniformes a hora da concesión de permisos e licenzas para evitar a discrecionalidade. Como consecuencia das numerosas denuncias que temos feito, a administración accede a presentar un borrador para o seu estudo. Nunha primeira lectura botamos en falta mais concreción e menos declaracións de intencións. Este borrador está incompleto, non incorpora varios permisos. Que non pretendan ternos engaiolados.  Sabemos que a súa intención é recortar máis se cabe os dereitos dos traballadores. Con nós que non conten. Cando teñamos o documento ao completo faremos as alegacións que correspondan, pero non imos permitir casos como conceder permisos graduados en función dos días de ingreso por familiares.

 

Informe sobre os autos xudiciais sobre LDs.

A subdirectora da área de RR.HH. informa que o Xulgado do Contencioso número 2 de Pontevedra ditou unha “sentenza declarativa” na que recoñece que o SERGAS non incrementou xornada aos profesionais e que estes teñen dereito ao desfrute dos LDs. A Subdirectora  comenta que existe certa confusión na interpretación das diferentes sentenzas.  Para ela está claro que as sentenzas o que recoñecen, ás persoas que reclamaron, é que teñen dereito a que se lle compense o exceso de xornada. Pero,curiosamente, di que non detectaron ningún exceso de xornada nas reclamacións revisadas.

 

Vacacións 2015.

CIG-Saúde pregunta á administración que criterios vai aplicar para o desfrute das vacacións , tendo en conta que noutras  Áreas Sanitarias se están a realizar procedementos diferentes. A administración contesta que non ten a  intención de cambiar o criterio do ano pasado.

A nosa sorpresa é maiúscula ao nos enterar que a administración sacou unha circular modificando arbitrariamente o período ordinario de vacacións, se antes era de xullo a setembro agora é de xuño a setembro. No entendemos nen aceptamos que de xeito unilateral e sen previo debate se modifique o criterio para o desfrute das vacacións. Desde CIG non imos permitir esta arbitrariedade.

 

Lista de espera de Atención Primaria.

CIG-Saúde denuncia que as listas de espera en  Atención Primaria son un claro exemplo dos recortes en persoal. Como mostra desta realidade entregamos documentación que acredita que  no Centro de Saúde de Anafáns as listas de espera superan os dez días. Tamén lle facemos saber a administración que no  Centro de Saúde de Arcade non se están a cubrir as ausencias, sobrecargando de xeito importante aos profesionais que se ven obrigados a asumir máis pacientes. As listas de espera eliminaríanse se a cobertura dos profesionais, de todas as unidades e servizos de Primaria,  fose do 100%.

 

Falta de medicación nalgúns centros.

Denúnciase unha vez máis que hai falta  de medicamentos (máis de 20 tipos) básicos en varios centros. Isto implica que se están a derivar pacientes ao servizo de urxencias de Montecelo. A administración responde que son casos puntuais e que se están a corrixir. Haber se é verdade!


Actualización do recibo de nómina.

CIG-Saúde pregunta pola actualización no recibo das nóminas. A administración di que hai que adaptar as nóminas a unha norma estatal recollida nun R/D de xaneiro de 2015.  Esta norma implica cambiar a cabeceira e a que figuren as aportacións que a empresa fai a Seguridade Social por cada traballador e tamén aparecerá reflectido o importe de dietas.  Segundo o director de RR.HH. na EOXI de Pontevedra-Salnés estanse dando os pasos necesarios para este cambio.

 

Complemento de Celador/a de Pac.

CIG-Saúde pregunta cómo se está a aboar este complemento ao persoal que non é de cadro. RR.HH. informa que ao persoal fixo unha vez que o solicite xa se lle aboa de oficio.  Ao persoal eventual non pode aboárselle namentres non exista a solicitude do traballador, e ten que facerse unha solicitude cada vez que se fai un novo contrato. En todo caso a administración comprometese a recordarlle ao traballador e  a facilitarlle o impreso no momento da formalización do contrato.

 

Praza de Pediatría no C.S. da Parda.

A administración informa que a praza de facultativo está pendente de autorización de Servizos Centrais e a de enfermería xa está solicitada.

 

Comisión de Primaria. Xaneiro do 2015

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

comision20primaria20xaneiro28129

 

Información da Comisión de Primaria do 6 de outubro do 2014

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

securedownload_1_opt

securedownload_2_opt

 

Resumo da Xuntanza da Comisión de Primaria celebrada o pasado 4 de xullo

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AG_centro_saude_cotobade_enrique_rodriguez_2007Centro de Saúde de Cotobade


Comisión de Primaria. Resumo da Xuntanza do 4 de xullo de 2014.

En CIG-Saúde somos conscientes de que as organizacións sindicais debemos esforzarnos por manter informados aos traballadores. Alén de por outros procedementos (asembleas informativas, correo electrónico, ...), procuraremos editar periodicamente un resumo das reunións máis relevantes que teñamos coa Dirección da Área Sanitaria.

 

INDICE DE PUNTOS TRATADOS:

  1. Lista de espera en Atención Primaria
  2. Comidas PACs
  3. Cobertura de vacantes/ausencias
  4. Renovación de equipos e material
  5. Voluntariedade en PACs
  6. Horario de verán
  7. Cobertura de vacacións por persoal de Especializada
  8. Rogos e Preguntas
NOTA: Podes ler o resumo premendo AQUÍ
     

    O 1 de Xaneiro do 2012 pasaran algúns centros de Pontevedra á área de Compostela

    Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
    Pacs
     
    Publícada no DOG o decreto de desenvolvemento da xestión integrada de Pontevedra-Salnés
     
     
    Hoxe foi a presentación da Xestión Integrada de Ponteveda - O Salnés, onde se lle preguntou á Xerente do SERGAS, Rocio Mosquera, sobre os centros de saúde: cando pasan definitivamente para Santiago os da área de Pontevedra?
     
    Respostando que a data é o 1 de Xaneiro de 2012.
     
    Quere dicir que todos os traballadores dos centros de saúde que cambian da área de Pontevedra e pasan a depender da Xerencia de Santiago, o centro de gasto ou ben as nóminas serán aboadas a partir do 1 de Xaneiro de 2012, por dita Xerencia de Santiago.
     
    Centros que cambian de Área.
     
    C.S. A Estrada e periféricos: Codeseda, Oca, etc.
    C.S. Lalín e periféricos
    C.S. Silleda
    C.S. Valga
    C.S. Pontecesures
    e os PAC´s correspondentes
     

    ELABORACIÓN PROTOCOLO PERMISOS

    Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

    A SOLICITUDE DOS SINDICATOS, VAISE TRATAR DE ELABORAR O PROTOCOLO DE PERMISOS, COA XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA DE PONTEVEDRA. HAI UN PROTOCOLO QUE SERVE DE BASE, PODEDES VELO NO FIDES NA SECCIÓN DE PONTEVEDRA E NO APARTADO PROCEDEMENTOS.

     

    SE QUEREDES PARTICIPAR, E REMITIR AS VOSAS IDEAS, TENDES OS CORREOS ELECTRÓNICOS, SEGUINTES :

      Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo