Actualidade

Chamamento da CIG co gallo do Día da Patria

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Lugo
 
Chamamento ante a celebración do Día da Patria Galega
 
Con motivo da celebración o vindeiro día 25 de xullo do Día da Patria Galega, a CIG chama a clase traballadora a participar nos actos que o nacionalismo galego celebre en Galiza e, nomeadamente, en Santiago de Compostela. Unha data de celebración, mais tamén de reivindicación do dereito que temos as galegas/os a decidir por nós mesmas/os o noso futuro como nación, a autogobernarnos e a poder vivir e traballar na nosa terra nunhas condicións dignas.
 
A celebración deste 25 de xullo coincide cun momento de revitalización da mobilización social que demostra que a loita contra os recortes impostos e contra as medidas que viñeron afondar no capitalismo neoliberal dan os seus froitos. Así o constatan as últimas folgas protagonizadas pola CIG no centro de atención a emerxencias 112 ou no transporte de viaxeiros/as por estrada. Mais tamén aquelas que se manteñen con coherencia e firmeza, como en Ferroatlántica, contra un modelo económico colonial que espolia os nosos recursos naturais; no sector do metal da provincia da Coruña por un convenio digno que permita mellorar as condicións laborais e salariais e eliminar a precariedade ou en obras públicas como a da ponte de Rande, onde se impoñen abusivas condicións laborais con graves consecuencias para a vida dos traballadores/as.
 
Loitas, todas elas, consecuencia de todo un conxunto de políticas de recorte de dereitos, salarios, investimento e gasto público e tamén das liberdades públicas; do incremento da precariedade laboral e do debilitamento da negociación colectiva; de redución de impostos ao capital mentres se lle incrementan á clase traballadora. En definitiva, políticas que pretenden debilitar a clase traballadora no económico, no político e no organizativo.
 
Ao tempo que se empobrece a clase traballadora, as grandes corporacións económicas, o capital financeiro, seguen a incrementar os seus beneficios e a concentrar un maior poder económico e político. O capital controla e pon ao seu servizo aquelas institucións financeiras e políticas (Comisión Europea, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, etc.), que funcionan á marxe da opinión e do control da cidadanía, e que son as que ditan as políticas económicas, sociais e laborais a aplicar por parte dos gobernos e dos parlamentos, na grande maioría dos casos en mans das forzas políticas maioritarias da dereita (PP) e da socialdemocracia (PSOE) comprometidas co sistema neoliberal.
 
Altos niveis de desemprego, avellentamento e perda de poboación activa, emigración da xente moza; deterioro dos nosos sectores produtivos (leite, pesca, naval...); apropiación do noso aforro e da enerxía que producimos; alleamento do noso sector financeiro; deterioro dos servizos públicos; perda de galegofalante; afondamento na españolización da sociedade galega con menosprezo e infravaloración do propio, comezando polo noso idioma e seguindo polas nosas potencialidades económicas e humanas.
 
Todo isto enfróntanos a unha situación que levamos moito tempo a padecer e que dificulta o noso desenvolvemento pleno como pobo no económico, no social, no cultural, no idiomático e no político. A iso contribúe sen dúbida algunha, neste momento, a incompetencia manifesta da Xunta de Galiza e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, incapaces de ofrecer alternativas e saídas centradas nos intereses das clases populares galegas. Pero tamén inflúe de forma determinante a falta de soberanía política de Galiza e o papel que tradicionalmente xogamos, no contexto do Estado e da Unión Europea, de nación colonizada, espoliada, subministradora de man de obra, materias primas e aforro.
 
Neste contexto, cobra aínda máis forza a necesidade de termos soberanía política para poder estabelecer os mecanismos axeitados para unha mellor defensa dos nosos sectores produtivos básicos, para modernizar as nosas infraestruturas e servizos sociais, para levar adiante unha política de emprego propia, para potenciar unha economía autocentrada ao servizo e en beneficio da maioría social. A dependencia favorece as desigualdades sociais, discrimina a nosa cultura e lingua, debilita o noso proxecto colectivo, hipoteca o noso futuro individual e social.
 
Por todas estas razóns as traballadoras/es galegas/os somos as primeiras/os interesadas/os en participar activamente nos actos conmemorativos e reivindicativos do Día da Patria Galega, pondo o noso esforzo ao servizo da conquista dunha sociedade galega máis xusta, máis igualitaria, máis solidaria e máis soberana.
 

Calendarios Laborais 2016 para Pontevedra e Vilagarcía de Arousa

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

PONTEVEDRA:

Pontevedra

 

 

VILAGARCÍA DE AROUSA:

Vilagarca

 

CIG-Saúde denuncia que a Consellaría de Sanidade quere converter o Hospital do Salnés nun Centro de Saúde

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

PECHE_DE_CAMAS

 

CIG-Saúde alerta da posibilidade dun novo peche, nos próximos días,  do terceiro andar,  por parte da dirección da EOXI de Pontevedra e Salnés, unha decisión que sería moi negativa para os intereses dos usuarios e d@s traballador@s. Estaríamos diante dunha decisión irresponsábel que pon en cuestión a calidade asistencial e somete aos traballador@s a unhas condicións laborais propias do século XIX.

CIG-Saúde preguntase se a terceira planta se pechará definitivamente  ou estará aberta con persoal estable, se a mestura de patoloxías no andar un será eliminada e se os doentes en paliativos ou mulleres que van dar a luz poderán contar cunha habitación individual.

A pesares das promesas de ampliación e melloras deste hospital a realidade a día de hoxe é que nunha mesma planta, con 37 pacientes, conviven cinco especialidades diferentes que so son atendid@s por dúas ATS e dúas auxiliares.

 

A secretaría da Muller da CIG lanza a campaña “Na túa empresa tamén hai violencia”, con motivo do 25 de Novembro

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
54747aced8-20141125-patxot-mani-violencia-genero-ciga-25-n-004
Convoca concentracións, o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, en cidades e vilas galegas

MOBILIZACIÓNS DA CIG CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA:

Pontevedra: ás 12 horas na Praza 8 de Marzo

Vilagarcía: ás 11 horas diante da FECA (Federación de Empresarios/as da Comarca de Arousa, na Rúa Castelao)

“Na túa empresa tamén hai violencia” é o lema da campaña deseñada pola Secretaría da Muller da CIG con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña coa que se quere chamar a atención sobre as agresións e a violencia simbólica, de abusos cotiáns, que sofren as mulleres no ámbito laboral e que foi presentada no marco dun encontro nacional de mulleres da CIG.

Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, fixo un percorrido pola situación de violencia que padecen as mulleres, desde a máis extrema: o feminicidio –termo que considerou imprescindíbel socializar-, até esas outras violencias que chamou a “nomear” e “identificar” para tomar consciencia dunha realidade cotiá á que ningunha muller é allea.

Respecto da súa manifestación máis extrema, sinalou que segundo a OMS “a violencia machista é a principal causa de morte das mulleres de entre 15 e 44 anos, por diante do cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e mesmo as guerras” e que “case mil mulleres foron asasinadas no Estado español desde hai unha década, delas, case un cento galegas”.

Respecto desas outras manifestacións, denunciou as “formas sutís” que están na base da sociedade patriarcal: desde o humor sexista, até o control, a publicidade sexista, a anulación, a invisibilización do xénero feminino na linguaxe e os micromachismos. Unha violencia que, dixo, “podemos atopar nas nosas relacións familiares, sociais, no ámbito da parella, no traballo, na escola, nas organizacións e na comunidade no seu conxunto”.

Ante isto, Corral explicou que coa campaña deste 25 de Novembro a Secretaría das Mulleres pretende dar claves de identificación desas múltiples manifestacións de violencia e sexismo no ámbito laboral, na propia empresa, para comezar polo máis próximo.  Así sinalou que “son violencia machista” os achegamentos físicos excesivos por parte dun xefe ou un compañeiro de traballo” mais tamén que se poña en risco a saúde da muller ou do feto cando a empresa non adopta medidas preventivas no traballo; as diversas formas de humillación que sofren as traballadoras cando non se recoñece nin o seu traballo nin a súa valía; cando se paga menos polo mesmo traballo; cando non se promociona á muller polas cargas familiares ou cando se culpabiliza a unha traballadora  que solicita unha redución de xornada por coidado creando un clima de traballo hostil “facendo crer ao cadro de persoal que teñen que traballar nun horario incómodo pola súa culpa”.

Fixo ademais fincapé nos micromachismos que se poden manifestar na propia entrevista de traballo cando á muller se lle pregunta se ten familia o seu cargo ou se ten previsto tela; cando lle quitan valor ás ideas ou opinións das mulleres minusvalorándoas ou mesmo cando se cambia unha reunión cando cadra cun partido de fútbol, mais non cando coincide con actividades extraescolares das crianzas.

Corral subliñou o erro, no que as veces se cae, de considerar que a violencia contra as mulleres é un tipo de violencia máis e de que se trata de casos illados. Fronte a isto, alertou de que “se activan por causas inxustificadas e teñen por obxectivo deixar de manifesto quen ten a autoridade da relación”.

Para a secretaria das Mulleres “recoñecer estas actitudes non significa aceptar que vivimos nunha sociedade que perpetúa a desigualdade e a diferenza entre mulleres e homes, e que agocha a discriminación e a violencia contra as mulleres”. Ao contrario, demandou un maior investimento público nos programas de atención e protección das vítimas, penalizando aos agresores e evitando que poidan reincidir e unha intervención directa nas causas da violencia de xénero. “Para irmos á raíz, temos que ir ás orixes, valores e condutas xerados pola cultura dos xéneros e propiciar cambios e alternativas.

SITUACIÓN ALARMANTE

Corral fixo ademais un percorrido polo datos máis alarmantes, entre os que salientou que en 2014 foron asasinadas 9 mulleres –oficialmente só se recoñecen 6- e que no que vai de ano 2015 xa foron asasinadas 8; que actualmente en Galiza están vixentes 7.759 ordes de protección; que o centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero atendeu, desde xuño de 2014 até decembro, a 28 persoas: 14 mulleres e 14 crianzas ou que o teléfono da Muller atendeu o ano pasado un total de 4.870 chamadas.

Unha situación que para a secretaria das Mulleres “é máis que grave” e que porén non foi considera así polo goberno do PP, que aínda que incrementou este ano os recursos públicos nun 5,3% respecto do anterior, chegando aos 10.310,2 millóns de €, non chega para compensar os recortes introducidos desde 2009 cando o orzamento foi de 11.792,8€.

Corral denunciou ademais o impacto que os recortes, en xeral, tiveron na vida das mulleres. Recortes cos que a Xunta de Galiza provocou o desmantelamento das políticas e igualdade, incidindo directamente nos dereitos humanos das mulleres. Neste sentido sinalou que a ONU suspende ao goberno do PP en todas as áreas que, de xeito directo e indirecto consolidan a discriminación das mulleres: violencia de xénero, igualdade, saúde, emprego, dereitos sexuais e reprodutivos… e un longo etcétera”.

Tal é así que o Estado español ocupa o posto 29 dun estudo que abrangue a 142 países e que sitúa entre os dez primeiros, ademais de europeos como Islandia, Finlandia, Noruega ou Suecia, a outros como Ruanda ou Filipinas, que van 20 postos por diante.

Mobilizacións

Margarida Corral anunciou ademais que, ao igual que en anos anteriores, a CIG convocará concentracións de delegadas/os en cidades e vilas galegas, ademais de sumarse ás mobilizacións que se convoquen desde o movemento feminista. “Sairemos novamente ás rúas amosando que é responsabilidade de toda a sociedade mudar e reverter o noso modelo de relacións sociais”, dixo.

 

CIG-Saúde denuncia que as esperas no Centro de Saúde de Anafáns "están a superar os doce días"

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Anafns

O sindicato CIG­Saúde denunciou que as listas de espera para unha cita co médico de cabeceira no Centro de Saúde de Anafáns, en Poio "están a superar os doce días".

A central nacionalista salienta que este Centro de Saúde conta cunhas instalacións en "precario" e que "soporta a presión dunha poboación en constante aumento", o que ao seu xuízo "dificulta, xa de por si, a asistencia sanitaria, véndose agravado pola falta de cobertura dos profesionais".

Ademáis engaden que estes profesionais teñen que "soportar unha sobrecarga de traballo por mor de cubrir as ausencias dos compañeiros e en moitos casos ter que prolongar a súa xornada laboral".

Para CIG-­Saúde as dificultades existentes en Atención Primaria son "consecuencia da política de recortes do goberno da Xunta".

"Unha Atención Primaria que acusa a falta de inversións en recursos materiais e falta de persoal, de substitucións do persoal, a precariedade laboral co abuso das medias xornadas e o aumento de funcións nos últimos anos", conclúen dende este sindicato.

RESPOSTA DO SERGAS

Desde o Complexo Hospitalario de Pontevedra desmentiron esta información de CIG-Saúde, precisando que en Anafáns "a atención está garantida sen incidencias" e rexeitan que sexan tantos días de demora.

Estas mesmas fontes indicaron que "están cubertas o cento por cento das prazas do persoal sanitario" e cinguen calquera posible demora aos facultativos de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) que teñen menos dedicación horaria.

 

FONTE: Pontevedraviva.com

 

Intesifícase a campaña da CIG pola ambulancia medicalizada no Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A CIG está desenvolvendo unha campaña de concienciación cidadá para conseguir unha ambulancia medicalizada para a Area Sanitaria do Salnés.

20151109_155433_1

20151109_155425

 

Por un Hospital único e público ampliando Montecelo

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

MANIFESTACION_13_N

 

A CIG participa nos actos de apoio á manifestación do día 13

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Performan

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>