Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

logo_cig_informa

REUNIÓN COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS. 20 DE OUTUBRO DE 2017.

 

 Información xeral do Pacto:

- Novembro:

o Listas definitivas de albanel, carpinteiro/a, costureiro/a, telefonista e perruqueiro/a.

o Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria.

o Primeira inscrición de enfermeiro/a especialista en pediatría.

- Decembro:

o Listas provisionais de cociñeiro/a, pinche, grupo auxiliar da función administrativa, celador/a, lavandeiro/a e pasador/a de ferro.

 

CIG-Saúde preguntamos pola previsión de publicación das listas definitivas de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria. Previsiblemente será no primeiro trimestre de 2018.

Proposta de dotación de titulares e suplentes das listas de curta duración.

 

Todas as OOSS denunciamos que o nº de titulares e suplentes de todas as categorías na área de Vigo, son excesivas esixindo unha revisión do que está a acontecer nesa área.

CIG-Saúde solicitamos que se aclare o termo do pacto “urxente e non programado”. A Admón entende que ese termo está claro e non precisa aclaración.

Información sobre diversos temas:

- Aplicación do baremo de FEAS para as listas de Médico/a especialista do traballo.

- Cobertura das ausencias do persoal laboral (TER) do Programa de detección do Cancro de mama a través das listas de TER coas listas do Sergas. A aceptación dos contratos será voluntaria.

- A Admón. fai unha proposta de que durante unha primeira xeración de listas, as persoas aspirantes que obtivesen a formación específica de acceso a unha área especial, non poderían modificar a súa inclusión nesa área especial. Isto acordouse co voto en contra de CIG-Saúde. Isto vai a implicar, por exemplo, que un profesional que rematase no mes de maio deste ano a formación específica, non podería desmarcarse desa área especial nesta xeración do 31 de outubro deste ano, tendo que esperar para desmarcarse para a seguinte xeración, o que significa que no caso dunha enfermaría non se faría efectiva a súa saída da área especial ata maio de 2019.

Rogos e preguntas.

CIG-SAÚDE:

- Denunciamos que na área de Vigo non recoñecen a Resolución do 10 de maio de 2012 que publica o acordo sobre xestión das listaxes de vinculacións temporais de curta duración, porque entenden que non está en vigor. A Admón. responde que está en vigor e que é de aplicación nas listas de curta duración.

- Preguntamos se ten que cesarse a unha persoa substituta dun contrato de longa duración se a persoa titular se xubila, cesa... A Admón di que permanece a mesma persoa na praza vacante se esta foi chamada con criterio de primeiro de lista, tal e como ven recollido no pacto de contratacións.

- Solicitamos que se modifique o relativo ao requisito de acceso á promoción interna conforme ao recollido na sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, no senso de que se terán en conta tamén os servizos prestados como temporal, non só o tempo de persoal fixo.

- Solicitamos que se poida visualizar no FIDES as listas autonómicas por áreas de preferencia. A Admón di que van a incorporar esa visibilidade na seguinte xeración de listas.

 

 

 

 


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.