Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

OPE 2016:

O SERGAS entrega na Mesa Sectorial unha proposta de prazas para a OPE 2016 que é unha burla. Non se contempla oferta de prazas de categorías como as de  hostalería ou mantemento, e afonda na liña privatizadora desta Administración. Desde a CIG-Saúde exiximos un Plan de Emprego que recupere todos os postos de traballo que se perderon desde o 2009 cos recortes e privatizacións aplicados polo goberno do PP.

 

OPE 2013. Enfermaría e Medicina de Familia. Seguen chegando impugnacións. Prevén publicar a semana que ven o cadro de respostas definitivas, e comezar a corrixir.

OPE 2014. Técnic@s e Diplomad@s Sanitari@s. O xoves 18 de febreiro publicaráse en DOG a lista definitiva de admitid@s e excluíd@s  e persoas exentas do exame de galego. Durante o mes de febreiro, publicarase en DOG a composición dos tribunais. O exame será cara final do semestre, preferibelmente en maio.

OPE 2015. Persoal de Xestión e Servizos. Xuntaranse as prazas coas da oferta 2016. Convocarán a Comisión Técnica de OPE para falar de temarios.

A partir de xuño convocarase concurso de traslados de Licenciad@s Sanitari@s.

prazas_emprego_ofertadas_2016


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.