Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 logo_cig_informa

 

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para cubrir postos de traballo desta axencia mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

  • Médico/a especialista en hematoloxía e hemoterapia
  • Médico/a xeral
  • Técnico/a superior
  • Responsable de comunicación
  • Enfermeiro/a
  • Técnico/a especialista de laboratorio
  • Promotor/a da doazón
  • Auxiliar administrativo
  • Auxiliar de informática
  • Auxiliar clínica/laboratorio
  • Condutor/celador

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existir erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicadores, situada na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na avenida Monte da Condesa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, e deberá enviarse comunicación por fax ao número 981 59 00 85 de que se presentou reclamación noutro rexistro diferente ao da axencia, de ser o caso.


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.