Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo_cig_informa

REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DE SANIDADE. 18 DE OUTUBRO DE 2017.

1. Aprobación das bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a

provisión de prazas básicas de persoal estatutario.

Hoxe acordáronse as bases do procedemento de concurso de traslados.
Vaise a publicar unha convocatoria única con vixencia indefinida, cun ciclo de adxudicación anual.
 Os baremos que se aplicarán son os da última convocatoria ordinaria de concurso de traslados.

Previsións de posta en marcha do concurso de traslados:
- Persoal de xestión e servizos: convocatoria na segunda quincena de novembro.
- Persoal sanitario (diplomadas/os, técnicas/os e licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria):
convocatoria en decembro.
- Remate da inscrición para a primeira xeración, o 15 de xaneiro de 2018.
- Publicación das prazas a ofertar: primeiro trimestre de 2018. Abríndose prazo de 15 días naturais
para modificacións das prazas solicitadas (NON para novas inscricións).
- Adxudicación das prazas: finais de 2018.
2. Período de desfrute dos días de libre disposición correspondentes ao ano 2017.
Acordouse a proposta que nos fixo a Admón de que, tanto os días de libre disposición ordinarios coma
os adicionais correspondentes ao ano 2017, se poidan solicitar ata o 31 de marzo de 2018.
Como CIG-Saúde deixamos claro que non compartimos que a Admón poida utilizar este acordo como
escusa para denegar os días das/os profesionais no Nadal.
3. Protección de situacións relacionadas coa maternidade.
Neste punto nos anunciaron aquelo que vai ir na lei de medidas do 2018.
- Prestación por maternidade: 20 semanas.
- Permiso por xestación: a partir da semana 36.
- Prestación por paternidade: 5 semanas
- Pago do promedio da atención continuada do último ano nos casos de maternidade, paternidade,
risco laboral no embarazo e risco laboral na lactancia.
Como CIG-Saúde pedimos que o promedio se fixera dos últimos 6 meses. Tamén que os cómputos de
xornada durante estas prestacións e permisos fosen pola xornada marcada nas carteleiras.

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.