Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

 Como sabedes o Decreto de Oferta hai que publicalo cada ano, e a convocatoria de OPE tense que convocar nos 3 anos seguintes á publicación do decreto.


  A pretensión de RRHH é convocar a OPE no ano 2018 as prazas ofertadas nos anos 2015 , 2016 e 2017 para que sumando as 3 ofertas se poidan ofertar un maior número de prazas, e daría como resultado as 2157 prazas.


O resto de prazas ofertadas no Decreto 2017 e que non foron ofertadas nos Decretos dos anos anteriores

( 2015,2016) , serán convocadas a OPE no 2019 para sumalas coas prazas do Decreto do ano 2018, isto afectaría fundamentalmente a TCAEs


Segundo esta información no ano 2018 terán convocatoria de OPE as seguintes categorías:


Categorías que probablemente teña convocatoria de OPE no ano 2018.

Categorías.

Decreto oferta 2015

Decreto oferta 2016

Decreto oferta 2017

Total Prazas

Celadorxs

 

168 prazas

222 prazas

390 prazas

Enfermeirxs

 

140 prazas

690 prazas

830 prazas

Médicxs de Familia

 

83 prazas

158 prazas

241 prazas.

Enxeñeiro Técnico

 

4 prazas

3 prazas

7 prazas

Auxiliar Administrativo

 

85 prazas

124 prazas

209 prazas

Técnicos Xestión

 

10 prazas

8 prazas

18 prazas

Documentación Sanitaria

 

4 prazas

7 prazas

11 prazas

Técnico Función Administrativa

7 prazas

2 prazas

 

9 praza

 A directora de RRHH comprometeuse a convocar no Decreto de Oferta de OPE do ano 2018 as categorías que neste ano non tiveron oferta: FEAS e persoal de Xestión e Servizo. Supoñemos que no ano 2018 convocaran PSX, persoal de hostalaría e persoal de mantemento. Isto saberémolo a finais do ano 2018.


As 366 prazas de TCAE da oferta do 2017, posiblemente queden sen convocatoria ata o 2019, posto que pretenden sumar as prazas desta oferta coa do 2018.


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.