Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo_cig_informa

 

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 22 de xaneiro se publique a relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal licenciado sanitario (facultativos especialistas de área, médico de urxencias hospitalarias, médico de admisión e documentación clínica, médico asistencial 061).

O prazo de reclamación contra as puntuacións e adxudicación provisional de destinos é de 15 días hábiles, iniciándose o prazo a partir do día seguinte da publicación en DOG.  

As reclamacións que se presenten deberán dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Aproveitamos para informarvos que nesa mesma data publícase o Plan AFEDAD correspondente ao ano 2018.


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.