Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

 

 

Diante da convocatoria de folga do día 19 de xuño do persoal facultativo de Atención Primaria e das informacións tendenciosas vertidas nos medios de comunicación usando á CIG para branquear as políticas da Consellería, CIG-SAÚDE quere manifestar o seguinte:


O noso máximo respecto e apoio á convocatoria de folga, animando polo tanto a participar porque a consideramos complementaria das nosas reivindicacións dentro do Consello técnico da atención primaria e que inclúen ao conxunto das categorías.


A situación da atención primaria precisa dunha resposta seria e responsable por parte da administración e que satisfaga as necesidades tanto dos/as profesionais como da poboación.


Nesa liña entendemos que as medidas de presión son necesarias para promover o cambio nas políticas sanitarias da Consellería de Sanidade dirixido á defensa da dignidade da Atención Primaria.


Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, CIG-SAÚDE apoia todas as mobilizacións na Atención Primaria, enmarcados na busca dunha solución global para toda a Atención Primaria e para todas as categorías.


CIG-SAÚDE comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.