Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

a-xornal

 

 

                        1.- Temas da orde do día:

  • Reordenación de procesos de radiodiagnóstico.
  • Plan de Ordenación de Recursos Humanos.
  • OPE FEAS PSIQUIATRIA 2006.

                      2.- Temas plantexados pola CIG-SAÚDE.

  •  Drogodependencias.
  •  4º grao de réxime extraordinario de carreira.
  •  Real Decreto Lei 8/2010.

a.- Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico.

            A Directora de Asistencia Sanitaria fíxonos unha presentación en power point. Presentárono como un borrador de proxecto en fase de debate. Para a súa elaboración creouse un grupo de traballo  no  que  participa  a sociedade científica de radioloxía e un grupo de profesionais.   A  intención deste proxecto é minimizar as gardas  de presenciais  con un radiólogo a distancia. O estudo realizaríase cun técnico presencial e  cun radiólogo remoto.             

Entre as dificultades que lles presenta este sistema é a necesidade de formar os profesionais, radiólogas/os e TER,  ademais de faceren  os investimentos  tecnolóxicos.

            Á CIG-SAÚDE este tema preséntanos moitas dúbidas, por isto solicitamos que se nos enviase a presentación realizada; a directora de Recursos Humanos quedou en remitir a presentación ou un informe técnico ao que puidésemos presentar as nosas alegacións.      Volveron a recordar que os temas de asistencia sanitaria son materia exclusiva da Admón ; na M.S preséntanse como foro de opinión.

            Á pregunta da CIG de que si ían a implantar o sistema de radiólogo remoto nos hospitais comarcais, o subdirector de asistencia sanitaria contestounos que até que o proxecto non sexa definitivo non o ían a implantar nada.

            Con documento do SERGAS ou sen el, este tema merece un tratamento específico pola nosa parte.

b.- Plano de Ordenación de Recursos Humanos.

            Segundo a directora de Recursos Humanos, en breve recibiremos un novo texto no que se recollen partes das alegación enviadas polas organización sindicais, a nosa alegación sobre a exclusividade non foi recollida. Durante o mes de xuño  celebraranse as reunión pertinentes para avanzar neste tema.

 c.- OPE Psiquiatría 2006.

Como lembraredes,

            Continuar coa OPE 2006 dando por válido o exame realizado e abrir o concurso da fase de méritos. Substituír o tribunal nomeado no ano 2006 polo tribunal da OPE 2008. As tomas de posesión serán conxuntas OPE 2006-OPE 2008.

            A elección de destino farase polo listado que lle corresponda, é dicir, primeiro ofertaranse as prazas do 2006, se alguén dos aprobados renuncia  ofertaríanse ao seguintes; corre a listaxe, despois o proceso repetiríase coa listaxe da OPE 2008.

            Solicitamos que nos enviasen as prazas por centros da convocatoria 2006, quedaron en facelo.

            Como CIG-SAÚDE recriminamos, unha vez máis, a actuación da Admón, por non resolver este conflito no ano 2006, anulando o exame e convocando de inmediato outro nesas datas. A Admón fixo desleixo das súas función esperando que llo resolverá o xulgado.

  Temas plantexados pola CIG-SAÚDE.

d.-Drogodependencias.  A información foi  escasa, enviarase información específica.

e.- 4º grao de carreira. Ainda non teñen o informe xurídico, pero a Directora de RRHH adiantou que a súa impresión é que non  van poder convocalo,  xa que o Decreto Lei 8/2010 recolle a conxelación salarial no ano 2011. Durante o mes de xuño darannos unha resposta.

f.- Decreto Lei  8/ 2010. Aínda non dispoñen da información, está Función Pública a decidir como aplicar os descontos nas retribucións complementarias, eles non deben ter nada que dicir. Por vía de urxencia convocarannos á reunión na que nos informarán das cuantías que gustosamente a Admón nos roubará da nómina.

         


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.