Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade.

 

Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.

 

Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.

 

¿E que se financia coa túa cota sindical?

  • A adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.
  • As campañas de mobilización e concienciación social.
  • A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.
  • Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.
  • Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.
  • Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.

 

Asesoría Xurídica:


A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

 

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

 

 

Descarga aquí a ficha de afiliación 

 

 

 

 


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.