Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

 

Xoves 26 de Abril,  publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías de:

  • calefactor/a
  • condutor/a
  • electricista
  • fontaneiro/a
  • mecánico/a 
  • persoal de servizos xerais

Prazo de reclamacións: dez días hábiles (do 27 de abril ao 11 de maio de 2018)

Dirixidas ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig_informa


 CONTRATOS A LONGA DURACIÓN A OFERTAR

 

ÁMBITO CHUS:

25 DUES

21 TCAEs

1 Técn. Radioterapia

12 T. LABORATORIO

6 TER

5 CELADOR@S

3 AUX. ADMNISTRATIV@S

5 PINCHES DE COCIÑA

 

ÁMBITO PRIMARIA:

 

  • PERSOAL MÉDICO:

STA. COMBA

ARZÚA

TOQUES

BOIRO TARDE

2 PAC POBRA

2 PAC RIANXO

SILLEDA

BOIRO

  • DUEs:

MILLADOIRO TARDE

MELIDE M

RIBEIRA ( palmeira ) M

OROSO

C.ARENAL TARDE

3 PAC RIANXO

2 TEO-CACHEIRAS

  • MATRONAS:

STA. COMBA

AMES-MILLADOIRO

TEO-CACHEIRAS

TOURO-PINO

PORTO SON-LOUSAME

 

ÁMBITO BARBANZA:

2 DUEs

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig_informa

 

Infórmase que está previsto que o próximo xoves, 22 de marzo se publiquen as listas definitivas de selección temporal derivadas do proceso de actualización das categorías de:

  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, 
  • técnico/a superior en dietética e nutrición, 
  • técnico/a superior en documentación sanitaria, 
  • técnico/a superior en hixiene bucodental, 
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, 
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 
  • técnico/a superior en radioterapia, 
  • técnico/a en coidados auxiliares de enfermería  
  • técnico/a en farmacia.

Infórmase así mesmo que, está previsto que o próximo luns, 26 de marzo se publique no Diario Oficial de Galicia a relación provisional de admitidos/excluidos e a oferta de destinos do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente.

Os/as participantes neste ciclo, que así o desexen, disporán dun prazo de quince días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación no DOG para poder modificar, a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada. O prazo finaliza o 10 de abril, incluido. As modificacións que se realicen deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.

De conformidade coa base 3.5.1 da Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso, aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo sinalado, non conteñan a selección de polo menos un destino quedarán excluidas do ciclo de adxudicación en curso.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig_informa

Mes de marzo:
- Listas definitivas de Técnicos/as superiores sanitarios/as , TCAEs e Técnicos/as en Farmacia.

Mes de abril:
- Listas provisionais de enfermeira/, enfermeira/o especialista en saúde mental, enfermeira/o especialista do traballo, matrona, pediatra de atención primaria, médico/a de familia e médico/a de urxencias hospitalarias.
- Listas definitivas de enfermeira/o especialista en familiar e comunitaria.
- Listas provisionais de PSX, mecánico/a, calefactor, condutor/a, electricista e fontaneiro/a.

Mes de maio:
- Listas definitivas de enfermeira/, enfermeira/o especialista en saúde mental, enfermeira/o especialista do traballo, matrona, pediatra de atención primaria, médico/a de familia e médico/a de urxencias hospitalarias.
- Listas provisionais de psicólogo/a clínico/a, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, médico/a do traballo, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

Mes de xuño:
- Listas definitivas de PSX, mecánico/a, calefactor, condutor/a, electricista e fontaneiro/a.

CIG-Saúde solicitamos que se publicase neste trimestre as listas de enfermeira/o especialista en pediatría.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

logo_cig_informa

 

ASUNTO: ADMITID@S E EXCLUÍDOS E RESULTADO PROVISORIOS BAREMACIÓN LISTAS CONTRATACIÓN

 

Está previsto que mañá se publique en DOG a  relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal nas categorías de:

 

técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

-técnico/a superior en dietética e nutrición

- técnico/a superior en documentación sanitaria

- técnico/a superior en hixiene bucodental

- técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

- técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

- técnico/a superior en radioterapia

- técnico/a en coidados auxiliares de enfermería

- técnico/a en farmacia.

 

 

ASUNTO: PUBLICACIÓNS DOG-OPEs

Está previsto que o xoves 1 de febreiro  se publique en DOG a plantilla definitiva de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo  para o ingreso en diversas especialidades da categoría de:

  •  facultativo/a especialista de área

  • médico/a coordinador do 061

  • médico/a asistencial do 061

  • pediatra de atención primaria

  • odontólogo/a de atención primaria

  • médico/a de urxencias hospitalarias

  • médico/a de admisión e documentación clínica

  • técnico/a superior en PRL

  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

  • técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información

  • traballador/a social.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e xcluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de:

  • celador/a, 
  • cociñeiro/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa, 
  • lavandeiro/a,
  • pasador/a de ferro  
  • pinche.

Prazo de Reclamación 10 días hábiles dende o día seguinte da súa publicación no DOG
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos
primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)


RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descarga Aquí

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CHAMAMENTOSRESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías de persoal estatutario. DESCARGA AQUÍ

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas per- soas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:

  • albanel, 
  • carpinteiro/a, 
  • costureiro/a, 
  • perruqueiro/a 
  • telefonista. 

 

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxi- na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). 

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu ex- pediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución da Dirección Xeral de Re- cursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 13 de marzo de 2017, contra esta reso- lución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

logo_cig_informa

REUNIÓN COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS. 20 DE OUTUBRO DE 2017.

 

 Información xeral do Pacto:

- Novembro:

o Listas definitivas de albanel, carpinteiro/a, costureiro/a, telefonista e perruqueiro/a.

o Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria.

o Primeira inscrición de enfermeiro/a especialista en pediatría.

- Decembro:

o Listas provisionais de cociñeiro/a, pinche, grupo auxiliar da función administrativa, celador/a, lavandeiro/a e pasador/a de ferro.

 

CIG-Saúde preguntamos pola previsión de publicación das listas definitivas de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria. Previsiblemente será no primeiro trimestre de 2018.

Proposta de dotación de titulares e suplentes das listas de curta duración.

 

Todas as OOSS denunciamos que o nº de titulares e suplentes de todas as categorías na área de Vigo, son excesivas esixindo unha revisión do que está a acontecer nesa área.

CIG-Saúde solicitamos que se aclare o termo do pacto “urxente e non programado”. A Admón entende que ese termo está claro e non precisa aclaración.

Información sobre diversos temas:

- Aplicación do baremo de FEAS para as listas de Médico/a especialista do traballo.

- Cobertura das ausencias do persoal laboral (TER) do Programa de detección do Cancro de mama a través das listas de TER coas listas do Sergas. A aceptación dos contratos será voluntaria.

- A Admón. fai unha proposta de que durante unha primeira xeración de listas, as persoas aspirantes que obtivesen a formación específica de acceso a unha área especial, non poderían modificar a súa inclusión nesa área especial. Isto acordouse co voto en contra de CIG-Saúde. Isto vai a implicar, por exemplo, que un profesional que rematase no mes de maio deste ano a formación específica, non podería desmarcarse desa área especial nesta xeración do 31 de outubro deste ano, tendo que esperar para desmarcarse para a seguinte xeración, o que significa que no caso dunha enfermaría non se faría efectiva a súa saída da área especial ata maio de 2019.

Rogos e preguntas.

CIG-SAÚDE:

- Denunciamos que na área de Vigo non recoñecen a Resolución do 10 de maio de 2012 que publica o acordo sobre xestión das listaxes de vinculacións temporais de curta duración, porque entenden que non está en vigor. A Admón. responde que está en vigor e que é de aplicación nas listas de curta duración.

- Preguntamos se ten que cesarse a unha persoa substituta dun contrato de longa duración se a persoa titular se xubila, cesa... A Admón di que permanece a mesma persoa na praza vacante se esta foi chamada con criterio de primeiro de lista, tal e como ven recollido no pacto de contratacións.

- Solicitamos que se modifique o relativo ao requisito de acceso á promoción interna conforme ao recollido na sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, no senso de que se terán en conta tamén os servizos prestados como temporal, non só o tempo de persoal fixo.

- Solicitamos que se poida visualizar no FIDES as listas autonómicas por áreas de preferencia. A Admón di que van a incorporar esa visibilidade na seguinte xeración de listas.

 

 

 

 

Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.