Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Orden SSI/876/2017, de 12 de septiembre, por la que se aprueba la oferta de plazas y la convocatoria de pruebas selectivas 2017 para el acceso en el año 2018, a plazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeros y otros graduados/licenciados universitarios del ámbito de la Psicología, la Química, la Biología y la Física. Descarga Aquí

 

 

Calendario das probas selectivas 2017/2018:

 

  • Prazo de presentación de solicitudes: Do día 19 ao 28 de setembro de 2017.
  • Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partir do día 14 de novembro de 2017.
  • Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partir do 9 de xaneiro de 2018.
  • Data do exercicio: Sábado, día 10 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partir do día 13 de febreiro de 2018.
  • Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 14, 15 e 16 de febreiro de 2018.
  • Reunión das Comisións Calificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 28 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partir do día 6 de marzo de 2018.
  • Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partir do día 3 de abril de 2018.
  • Actos de asignación de prazas: A partir do día 17 de abril de 2018. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección Xeral de Ordenación Profesional.
  • Prazo posesorio para incorporación: 24 e 25 de maio de 2018, ambos inclusive

 

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

16729121_1665691480123935_2715600185920387229_n

VIOLENCIA DE XÉNERO DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO

Módulo 1
Conceptos xerais sobre a violencia de xenero (5 horas).

Módulo 2
Aspectos étios e normativa legal (6 horas).

Módulo 3
Detección e valoración dunha situación de malos tratos (8 horas).

Módulo 4
Actitudes e habilidades do/da profesional no ámbito sanitario para a detección e actuación sobre a violencia de xénero (7 horas).


Se estás interesad@, inscríbete na páxina de ForGA: https://forga.gal/formacion/cig-saude/

 

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

folleto20manifestacion201920de20marzo20Compostela._Pagina_1

folleto20manifestacion201920de20marzo20Compostela._Pagina_2

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

puntogal

Desde CIG-Saúde sempre apoiamos a consecución do dominio .gal para o noso país, e hoxe dispoñemos xa do noso enderezo cig-saude.gal

Podedes escribir no voso navegador o www.cig-saude.gal, que vos dirixirá á nosa páxina. Polo momento trátase dun redireccionamento, en breve acometeremos as "obras" necesarias para actualizar o noso enderezo definitivamente.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CARTAZ_CONCENTRACION_CONXUNTA_CON_SOS2_1

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O día 20 de xaneiro de 2013, a Xerenta do SERGAS convocounos a unha reunión para comentarnos cales son as súas previsións para o ano 2014. Nesta reunión ademais da Xerenta do SERGAS, estivo presente a Conselleira de Sanidade e a Directora de RRHH. Para a CIG-SAÚDE a reunión tiña dous planos de debate. Un debate coas representantes da Admón (Xerenta e Directora de RRHH), nas que lle solicitamos un marco de relacións laborais orientado a mellorar as condicións laborais das/os traballadoras/e. E un marco de debate de política sanitaria coa representante do goberno galego, a Sra. Conselleira, á que lle esiximos un xiro de 180 grados nas políticas sanitarias de RRHH e de asistencia sanitaria.

 

toma_posesin_marga_prado2

                Abordamos os seguintes temas:

 

·         Política de persoal no ámbito do Servizo Galego de Saúde. Tanto a Conselleira como o resto de representantes da Admón, informáronnos de que durante o ano 2014 a política de persoal vai ser a mesma: conxelación salarial, taxa de reposición que afectará ao persoal fixo e interino, precariedade laboral, non haberá OPE para todas as categorías (que queren dicir con isto?)

 

·         Durante o ano 2014 non se vai falar de retribucións, e no 2015 xa veremos. Nin recuperación dos acordos retributivos, nin carreira profesional, nin específico da extra...

 

·         Van cumprir a taxa de reposición rigorosamente, o goberno galego do PP non vai facer nada para anulala, de ser así, pode durar até o ano 2017, segundo conta no plano de estabilidade presentado polo Sr. Raxoi perante a Unión Europea. A taxa de reposición afecta ao cadro de persoal fixo, de cada 10 vacantes só se repón unha, e ao persoal contratado, xa que os vínculos que formalicen serán en precario, non se ofertaran todas as interinidades.

 

·         Convocatoria de OPE. Ao manter a taxa de reposición, o cálculo das prazas para a próxima OPE hai que facelo tomando como referencia as vacantes que se produciron desde a última convocatoria de OPE. É dicir, a próxima oferta de emprego será de máis ou menos 50 prazas para todas as categorías restantes.

 

·         No referente á política de asistencia sanitaria o goberno vai seguir insistindo nas políticas de privatización e as súas medidas de “ reorganización e racionalización”.

 

·         Xestión Clínica: A Conselleira insiste en que non vai implicar privatización nin laboralización, diga o que diga o novo artigo do Estatuto Marco.Exiximos a retirada do Decreto e a Orde e a apertura dunha verdadeira negociación sobre o tema.

 

Ante esta situación, que non conten coa CIG-SAÚDE para avalar as súas políticas.

 

CIG-SAÚDE vai seguir denunciando e exixindo a recuperación integral do sistema sanitario público, tanto no referente á asistencia sanitaria como á recuperación dos dereitos laborais.


GRAZAS POLA REUNIÓN, PERO COA CIG NON CONTEN PARA ISTO

Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.