Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

A CIG celebrou manifestacións en once localidades do país para denunciar que as políticas do PP e da Unión Europea supoñen perda de dereitos e máis pobreza

 

Milleiros e milleiros de persoas participaron hoxe nas manifestacións convocadas pola CIG en once localidades do país para conmemorar o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha data marcada pola masiva participación e polo rexeitamento das políticas antisociais e antigalegas do PP e da Unión Europea. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, esixiu a dimisión dos Gobernos galego e español e lembrou que nos atopamos “nunha loita a longo prazo entre o capital e a clase traballadora polo modelo de sociedade do futuro” e que só con mobilización e capacidade de xerar alternativas “impediremos a consolidación deste capitalismo neoliberal ao servizo dunha minoría” e seremos quen de “conquistar un novo modelo ao servizo das clases populares”.
  
 

13-05-0120Compostela20008_grandeA clase traballadora galega saíu unha vez máis á rúa o 1º de Maio para participar nas distintas mobilizacións organizadas por todo o país nunha xornada na que imperou o ambiente reivindicativo.

A CIG convocou un total de once manifestacións baixo o lema “Partido Popular-Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza”, sendo a máis numerosa a celebrada en Vigo, onde se deron cita máis de 30.000 persoas, aínda que tamén houbo mobilizacións cunha participación moi alta na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada, Ribeira e A Mariña.

Ao remate da marcha na cidade olívica, o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, reiterou a petición de dimisión dos Gobernos galego e español do PP por “incompetentes, corruptos e inmorais” e apostou pola necesidade de seguir a acumular forzas de cara a unha folga xeral “para reclamar un novo modelo económico e social ao servizo da clase traballadora”.

Seixo comezou a súa intervención facendo fincapé na dramática situación do desemprego en Galiza, “reflexo da dureza da crise económica e das políticas promovidas por PP e UE que están a destruír o noso tecido produtivo e a condenar ao paro a milleiros de persoas”, e denunciando os ataques contra os dereitos da clase traballadora que supoñen perda de dereitos laborais e sociais “mentres se favorece os grandes poderes económicos, a banca e os especuladores”.

Neste senso, citou as contrarreformas do mercado laboral “para abaratar o despedimento” ou “dificultar o acceso a unha pensión pública”, alén dos novos recortes nas prestacións por desemprego e nos salarios”. Tamén censurou a privatización de servizos e empresas públicas “porque o verdadeiro fin destas medidas é incrementar os beneficios da banca e das grandes compañías a custa da calidade de vida da maioría social”.

 

 

13-05-0120Compostela20027_grandeAo mesmo tempo, chamou a “seguir loitando por unha Galiza ceibe e soberana nunha Europa ao servizo das clases traballadoras e das nacións que a integramos”. Finalmente, lembrou que nos atopamos “nunha loita a longo prazo entre o capital e a clase traballadora polo modelo de sociedade do futuro” e que só con mobilización e capacidade de xerar alternativas “impediremos a consolidación deste capitalismo neoliberal ao servizo dunha minoría” e seremos quen de “conquistar un novo modelo ao servizo das clases populares”.

Para poñer punto e final á mobilización manifestación dúas violinistas tocaron a Internacional e un grupo de música tradicional galega pechou o acto coa interpretación do Himno Galego.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
valoracin_folga
Por si tendes algún problema, e non o vedes como é debido, deixamos tamén a ligazón:  valoración folga boton
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Corrida-JALISIA

 

Maeztro!!, yo le quería brindar estos cuernos y ezos rabos, a zu zalú

va porustees... yeah...

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Se o queredes saber, é o que perdedes polo miudo, non debedes de deixar pasar estas ligazóns. Nelas están explicadas por diversas categorias e en diversos ámbetos. Ala a calcular, CANTO PERDES??

PARA O PERSOAL DOS HOSPITAIS

Complemento lineal boton

CP DIPLOMADOS LEI 16 boton

CP IV XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIOS DE FP boton

FEAS E GARDAS boton

FESTIVOS boton

MODULOS TRANSPLANTES boton

NOITES boton

PERDAS NO PLUS DE TURNICIDADE  boton

PREFESTIVIDADE boton

TURNO FIXO DE MAÑÁN boton

PARA O PERSOAL DAS EXFUNDACIÓNS

PERSOAL EXFUNDACIÓNS boton

PARA O PERSOAL DE PRIMARIA:

COMPLEMENTO ESPECÍFICO E DESPRAZAMENTOS boton

COMPLEMENTO LINEAL boton

CP DIPLOMADO INSTITUCIÓNS E LEI 16 boton

CP DIPLOMADOS LEI 16 boton

CP IV XESTIÓN E SERVIZOS  E SANITARIOS FP_ boton

ENFERMERIA AP CON GARDAS boton

IMPACTO PLAN MELLORA boton

MANUNTENCIÓN E CPV boton

MEDICOS PRIMARIA boton

BENEFICIOS DO SERGAS POLA SUPENSION DOS ACORDOS boton

TURNO FIXO DE MAÑÁN boton

PARA O PERSOAL DE PACS

CELADORES PAC boton

ENFERMERIA PACS boton

MEDICOS PAC boton

BENEFICOS DO SERGAS POLA SUPENSION DOS ACORDOS boton

 

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Imos deixar literalmente o publicado no dog de hoxe día martes 15 de nadal ( aínda que para eles o publicado no dog sexa papel mollado.... xa sabedes do que falamos) REFERENTE ÓS SERVIZOS MÍNIMOS DA FOLGA e resaltamos un párrafo do que ven case o final por si resulta de interese para alguén.

A/o profesional designado como servizo mínimo,
que desexe exercer o seu dereito de folga, poderá
instar a substitución da súa designación por outra/o
profesional que voluntariamente acepte o cambio deTou_en_folga
xeito expreso.
Eiquí tedes o dog completo  Folga16dec09Minimos boton

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

gif_folgacartaz_folga

 

 

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Folga16
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

gif_folga


O vindeiro día VENRES 11, imos celebrar unhas asembleas informativas por mor da FOLGA DO DÍA 16.

Deixamos os enlaces para cada centro en concreto, pero a modo de resumo vanse celebrar do seguinte xeito:

CLINICO ÁS 12 HORAS NO SALÓN DE ACTOS  Asemblea_11_de_decembro_Clnico. boton

GIL CASARES ÁS 12.30 HORAS NO SALÓN DE ACTOS Asemblea_11_de_decembro. boton

HOSP. CONXO ÁS 13.30 HORAS NO SALÓN DE ACTOS  Asemblea_11_de_decembro_Conxo. boton

HOSP. PSIQUIÁTRICO ÁS 13.30 HORAS NO SALÓN VERDE Asemblea_11_de_decembro_Psiquitrico. boton

Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.