Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Asamblea: Eventuais: Sentenzas da Unión Europea Xoves 21 de outubro de 2016 ás 14:30 Aula de docencia do Hospital de Barbanza Convoca CIG Barbanza Asamblea Carreira Profesional Martes 8 de Novembro de 2016 ás 14:30 Aula de docencia do Hospital de Barbanza Convoca CIG Barbanza
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
NOTA DE PRENSA AMBULANCIAS FISIOTERAPIA As delegadas de CIG no hospital de Barbanza queremos denunciar a situación do servizo de ambulancias nos pacientes que precisan as mesmas para acudir a recibir fisioterapia. Nas listas de espera que publica o SERGAS cada 6 meses non se contempla o tempo que transcurre entre que os pacientes son vistos polo/a médico/a rehabilitador/a e prescribe o tratamento de fisioterapia, ata que os pacientes inician o tratamento cos fisioterapuetas. No caso do hospital de Barbanza se o paciente necesita servizo de ambulancia para acudir a recibir o tratamento ese tempo vese incrementado pola falta de disponibilidade da empresa de ambulancias. Exemplo: Cando hai un oco para iniciar un tratamento e o paciente precisa de ambulancia para acudir ao hospital, a empresa de ambulancias con moita frecuencia informa que non pode levar a ese paciente a esa hora, así que ese oco é ocupado por outro paciente que non precisa ambulancia (aínda que leve menos tempo esperando), e o primeiro paciente ten que esperar a que exista un oco no que a empresa de ambulancias poda realizar o servizo. Tamén pode darse a situación que o/a médico/a rehabilitador/a prescriba tratamento 5 días á semana, pero como o servizo de ambulancias só pode asumir traer ao paciente 3 días á semana, este recibe o tratamento só 3 días á semana. Carmen Seráns Pérez de 81 anos, é unha das pacientes afectadas, e quere denunciar a situación, xa que leva esperando para empezar a fisioterapia dende o día 10/03/2016, e podería ter empezado hai 1 mes, se non precisase do servizo de ambulancias para acudir ao hospital. As delegadas de CIG levan meses denunciando os feitos, por parte da xerencia, aceptan que o problema existe, pero en vez de buscar unha solución asumen que como está en proceso de adxudicación a nova contratación do servizo de ambulancias, podemos seguir esperando uns meses máis. Non sabemos se o problema é porque a empresa de ambulancias non cumpre o que asinou co SERGAS, neste caso é obrigación da xerencia exixir o cumprimento do asinado, ou se o SERGAS, para aforrar cartos, non pide no concurso unha correcta atención dos pacientes que precisan ambulancia para acudir a fisioterapia, neste caso o responsable é o SERGAS e o problema vai persistir aínda que cambie a empresa adxudicataria. DENUNCIAMOS a falta de capacidade resolutiva da xerencia da EOXI de Santiago, para que a única solución é seguir esperando, mentras os pacientes siguen esperando, nunha lista que como non se visibiliza, ao non sair publicada cada 6 meses, non é prioritaria para eles. Ribeira 21/06/2016 Delegadas da CIG no hospital de Barbanza María Aurea Rodríguez Blanco Elisabeth Fieiro Pousada José Manuel Sanmiguel Pérez http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/06/22/cig-denuncia-demoras-traslado-pacientes-fisioterapia/00031466538914454867696.htm
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
MARTES 3 DE MAIO ÁS 14:00 NA AULA DE DOCENCIA DO HOSPITAL DE BARBANZA CIG CONVOCA ASAMBLEA: ÚLTIMO BORRADOR DO PACTO DE CONTRATACIÓNS
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

foto20barbanza1As delegadas de CIG no hospital de Barbanza, vemos de denunciar, un ano máis, a falta de planificación por parte da xerencia, nesta época de sobrecarga asistencial no servizo de urxencias e plantas de hospitalización.

 

A alta frecuentación de urxencias polas descompensacións dos pacientes crónicos coas infeccións respiratorias ten como consecuencia un alto número de ingresos.

 

A situación en urxencias, cun número de pacientes elevado pendente dunha cama en hospitalización, satura o servizo, con dificultades de espazo para atender aos novos pacientes que siguen acudindo.

 

A solución da xerencia é forzar que os pacientes suban a planta canto antes. Para iso non teñen problemas en exixir ao persoal de planta, que retrase a atención dos pacientes xa hospitalizados. Considerando que os retrasos na administración do tratamento pautado en 2 ou 3 horas, ou que a enfermeira que entra de quenda non poda avaliar aos pacientes ingresados ao seu cargo ata 2 ou 3 horas despóis de iniciado o seu traballo carecen de importancia. Estas peticións por parte da xerencia van en contra da calidade asistencial e seguridade do paciente ingresado.

 

Todas sabemos que a drenaxe de urxencias é imprescindible para que o servizo funcione con niveis adecuados de calidade.

É función da xerencia planificar cómo axilizar esa drenaxe: facelo sen que iso implique unha sobrecarga no servizo de hospitalización, e poñer medidas para que facilitar que os ingresos se realicen canto antes non implique empeorar a asistencia prestada aos pacientes ingresados.

 

As situacións de sobrecarga son predecibles, poñer en marcha mecanismos que faciliten o traballo e aseguren unha calidade asistencial adecuada é unha obriga dos xestores da sanidade pública.

 

  • As obras de ampliación do servizo de urxencias, sairon anunciadas en prensa en varias ocasións, pero seguimos igual un ano máis,

  • É un feito incontestable que a hospitalización queda pequena nesta época do ano, por algo somos un dos dous únicos hospitais do SERGAS que non pechan camas no verán. Ofertar aos pacientes o seu traslado ao CHUS, é unha solución rexeitada por unha maioría da poboación, moitos pacientes prefiren pasar días en urxencias a espera dunha cama na planta, nunhas condicións de intimidade e confortabilidade moi deficientes, antes que asumir o problema familiar e en moitas ocasións económico que supón estar ingresado en Santiago.

  • A necesaria ampliación do laboratorio (proxecto aprobado na época do bipartito e que agora durme nalgún caixón) fai que sexa imposible cumprir as propias recomendacións do servizo de prevención de riscos da EOXI.

 

Por todo isto esiximos que a xestión da sobrecarga se realice anticipándose aos problemas, e reforzando onde sexa preciso, para manter uns niveis de calidade asistencial adecuados e poder asegurar a seguridade dos pacientes. E ademáis que as obras sexan realizadas con cargo aos orzamentos do 2016.

 

Ribeira 20 de xaneiro de 2016

Asinado:

Marián Rodríguez Blanco 

Elisabeth Fieiro Pousada

José Manuel Sanmiguel Pérez


Delegadas de CIG-SAÚDE no hospital de Barbanza

Noticia recollida na Voz de Galicia Ed. Barbanza: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2016/01/21/cig-denuncia-falta-planificacion-servicio-urgencias-hospital-comarcal/00031453322849676808747.htm

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG, SAE e UGT estamos facendo recollida de sinaturas entre as/os traballadoras do hospital e usuarias/os do mesmo, reclamando a cobertura con celadores de todas as horas que estaban cubertas con TCAEs ata o 31 de Agosto.

Sentimenos ENGANADAS/OS

Aproveitaron a introducción da categoría de celadores no hospital para reducir a plantilla, nun hospital que sempre tivo unha plantilla máis axustada que os comarcias tradicionais.

 

Aqui deixamos o modelo de recollida de sinaturas.

 

 

ATENCIÓN DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DA EOXI DE SANTIAGO

O persoal do Hospital de Barbanza quere denunciar que,  a Xerencia da EOXI aproveitou a incorporación da categoría de celador   para diminuír o número de traballadoras/es deste hospital, nomeadamente diminuíu a   presenzas de TCAES. Sendo este recorte superior  ás presenzas de celadores que incorporou.

Esiximos a  recuperación do cadro de persoal deste hospital, e cando menos, a creación dunha nova presenza de celador de mañá  durante todos os días da semana , e dotación da praza  de TCAE de mañá que se roubou neste proceso.

A incorporación dunha categoría profesional non pode ser a costa de que outro colectivo, en situación máis precaria, incremente a súa carga de traballo , ocasionando un grave deterioro na asistencia que se presta.

 Non hai calidade asistencial sen traballadoras/es, o papel todo o soporta, máis os doentes son persoas ás que temos a obriga de atendelas coma tales.

NOME

CATEGORÍA

SINATURA

Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.