Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
FOTO_CIG_COMPOSTELA
NOTA DE PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN:
 
“ANTE O RECORTE DOS RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS, OS PROFESIONÁIS SANITARIOS NON SON COMO Mc GYVER”
CIG-SAÚDE COMPOSTELA quere deixar claro que @s traballador@s do C.S de Milladoiro (neste caso) actuaron con verdadeira profesionalidade ante a situación acontecida no día de onte ( no que quedaron 9 pacientes sen atender nas analíticas), e mesmo a Xerencia é coñecedora, que si non chega a ser por esta profesionalidade, sería outro conto, e, convén aclarar dende CIG-SAÚDE o seguinte:
  • Non existe ningunha negativa por parte dos profesionais en atender aos usuarios.
  • Para as analíticas hai un horario establecido. Ese horario vén marcado pola recollida das mostras por parte dun transporte que as leva ao laboratorio para a súa análise . É imprescindible que esa recollida sexa en tempo e forma, unha demora nese transporte pode significar o deterioro desas mostras e a súa conseguinte anulación.
     
  • É INCRIBLE, que ante a contínua falta de cobertura dos profesionais ausentes, por parte da Dirección de Enfermería neste caso e da Dirección Médica noutros, se lle bote a culpa aos profesionais . É decir, hai que facer o traballo da persoa ausente si ou si. Neste caso é obvio que non se pode levar o mesmo ritmo de analíticas citadas para 4 persoas que para 3.
     
  • Que é unha situación persistente no tempo, pese as múltiples reclamacións tanto dos profesionais dos centros de saúde como desta Organización Sindical, e persistente nos distintos centros de saúde da área de Xestión: Valga, A Estrada, A Baña, Bandeira …
Señor@s da Xerencia de Xestión, os profesionais non son chicles que se podan estirar e cubrir as necesidades , fagan ben o seu traballo, proporcionen os recursos necesarios e dean unha boa ATENCIÓN AOS USUARIOS, QUE É O SEU LABOR E A SÚA RESPONSABILIDADE.
Santiago de Compostela a 8 de Febreiro do 2018
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

correccin_erros_mobilidade_interna

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe, sae publicada na Intranet da XXIS, a resolución da convocatoria do proceso de mobilidade interna para o persoal de AT. PRIMARIA.

O prazo son de 20 días naturais a partires ao día seguinte da convocatoria.

Ligazóns :

maletas-2
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No día de hoxe, martes 29 de Maio, mantívose unha reunión sobre Mobilidade Interna de At. Primaria, na que nos pasaron a relación definitiva de aspirantes que acadaron destino por mor deste proceso.

En total acadaron destino:

  •  Facultativos: Cúbrene 2 prazas, unha en Vedra M e outra en Noia M, quedando para contratos de longa duración as prazas de Santa Comba pac, Noia M, Santiago Pac, Muros-Esteiro M, Boiro (cabo de Cruz) M, Noia Pac, Ribeira Pac e Santiso M
  • Pediatría: Quedou deserta a praza que se ofertou de Lalin-Dozón-Rodeiro
  • Psx: Cúbrese a praza ofertada de Boimorto quedando para longa duración Rianxo T e Ribeira M
  • Celador: Cúbrese a praza de Estrada Pac, ofertándose a longa duración Noia pac, Arzúa Pac e Rianxo Pac  
  • Due: Cúbrense as prazas de Porto do Son- Xuño e Silleda M quedando para contratos de longa duración Noia Pac,Val do Dubra, Ribeira e Muros Pac
  • Pódense ver as prazas no seguinte cadro ou no arquivo que se xunta.

PRAZAS_MOBILIDADE_INTERNA

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe, a Xerencia de Xestión Integrada da área de Compostela, fai pública a resolución definitiva de admitidos e excluídos no proceso de Mobilidade Interna (descarga aquí ) e asemade a Baremación provisional do proceso (descarga aquí)

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na reunión mantida no día de hoxe, martes 15 de Maio, coa Xerencia, comunícannos a previsión de datas para o proceso de mobilidade interna e que é o seguinte:

  • 16 de Maio, sairá publicadas as listas coa puntuación
  • 1 Xuño procederáse a cobertura de vacantes ( antes acordouse ter unha nova reunión coa Xerencia )
Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.