Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig_informa

 

Infórmase que está previsto que o próximo xoves, 22 de marzo se publiquen as listas definitivas de selección temporal derivadas do proceso de actualización das categorías de:

  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, 
  • técnico/a superior en dietética e nutrición, 
  • técnico/a superior en documentación sanitaria, 
  • técnico/a superior en hixiene bucodental, 
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, 
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 
  • técnico/a superior en radioterapia, 
  • técnico/a en coidados auxiliares de enfermería  
  • técnico/a en farmacia.

Infórmase así mesmo que, está previsto que o próximo luns, 26 de marzo se publique no Diario Oficial de Galicia a relación provisional de admitidos/excluidos e a oferta de destinos do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente.

Os/as participantes neste ciclo, que así o desexen, disporán dun prazo de quince días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación no DOG para poder modificar, a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada. O prazo finaliza o 10 de abril, incluido. As modificacións que se realicen deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.

De conformidade coa base 3.5.1 da Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso, aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo sinalado, non conteñan a selección de polo menos un destino quedarán excluidas do ciclo de adxudicación en curso.