facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicadas listas definitivas varias categorías Imprimir Correo-e
Contratacións
Xoves, 18 Maio 2017 10:29

Publícase hoxe a resolución que dá publicidade ás listas definitivas das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

 

  • . RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Listas definitivas varias categorías  Descargar PDF

 

As persoas interesadas poderán  interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

As listas entrarán en vigor mañá. Ver na páxina do SERGAS

 
A CIG-Saúde prevé o peche dunhas 1.200 camas durante o verán nos hospitais galegos Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 15 Maio 2017 07:06

No Meixoeiro o número de camas pechadas superará o das abertas.

CIG-Saúde denuncia que as xerencias das Áreas Sanitarias comezaron xa a comunicar o número de camas que teñen previsto pechar durante os meses de verán que, como en anos anteriores, chega nalgúns casos a estenderse até o mes de outubro.


Con todo, para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, é especialmente rechamante que na área sanitaria de Vigo, “unha das que ten as máis longas listas de agarda, se manteña o Hospital do Meixoeiro case desmantelado, con unidades pechadas permanentemente e que agora se incrementa co peche das unidades que están en activo”.


De feito neste centro hospitalario, que ten un total de 343 camas, o número das pechadas vai ser maior que o das que van permanecer abertas, que serán só 163 (o 47,52%). “Coa demanda asistencial desta área sanitaria é unha irresponsabilidade tomar esta decisión, como xa o foi a de non volver a abrir 60 camas de cirurxía desde a posta en funcionamento do Álvaro Cunqueiro”.


Para a CIG-Saúde estamos diante dun “peche patronal no que o conselleiro, que actúa como Xerente desta empresa, só utiliza o argumento de que isto vén motivado polas vacacións do persoal”. Fronte a isto, Abuín lembra que “as traballadoras e traballadores só gozamos dun mes de vacacións, non catro, e que só ten que mirar o número de persoas que están inscritas nas listaxes de contratación para comprobar que hai relevo abondo para contratar en ausencia do persoal que marcha de vacacións”.


Para a CIG-Saúde, se no se pecharan camas e se contratara a este persoal estariamos mellorando, aínda que sexa temporalmente, os datos de desemprego, facilitando que, cando menos, este persoal puidera ter un contrato de catro meses. “Deste xeito garantiríase ademais que as e os doentes reciben a atención adecuada no prazo prescrito en función da súa patoloxía”.


A secretaria nacional de CIG-Saúde asegura que “non hai razóns técnicas nin asistencias que xustifiquen este peche dado que nin o propio conselleiro non é capaz nin de esgrimilas”. Porén, denuncia que “ao final do verán asistiremos a unha nova publicación dos datos das listas de agarda o suficientemente maquilladas como que pareza que malia este peche melloran”.


A noticia en Avantar

 
Resolución definitiva mobilidade interna Atencíon Primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 04 Maio 2017 09:48

Resolución de 6 de abril de 2017 da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo pola que se aproban as puntuacións definitivas do procedemento de mobilidade interna no ámbito da atención primaria 2017.


RESOLUCIÓN



 
Publicado o insuficiente Plan de Estabilidade do SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 04 Maio 2017 08:05


Publícase o xoves 4 de maio no DOG o Plan de Estabilidade asinado polo SERGAS e algunhas organizacións sindicais. Un Plan de Estabilidade que desde a CIG-Saúde criticamos por insuficiente, por non cubrir as necesidades reais de estabilización, por non recuperar os case 3000 postos de traballo perdidos desde o ano 2010 e porque desde o SERGAS nin sequera o negociaron cos datos enriba da mesa, senón ocultando a información que lle solicitamos unha e outra vez acerca do cadro de persoal.

 

  • . RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario. Publicación Plan de Estabilidade  Descargar PDF

 

A estabilidade laboral é un dereito dos/as profesionais da Sanidade pública, a precariedade laboral só facilita a privatización dos servizos, dificultando a continuidade nos procesos asistenciais.


Desde a CIG-Saúde seguiremos loitando para recuperar todas as prazas de persoal perdidas desde o ano 2010 e os dereitos que foron roubados. Súmate!

 
OPE 2014: Ábrese o prazo de toma de posesión Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 02 Maio 2017 08:57

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á lista definitiva de persoas adxudicatarias de destino na OPE 2014 (categorías de Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, TCAE, Técnica/o Superior en Anatomía Patolóxica (TEAP), Técnica/o Superior en Imaxe para o Diagnóstico (TER), Técnica/o Superior en Hixiente Bucodental, Técnica/o Superior en Laboratorio (TEL), Técnica/o Superior en Radioterapia, Terapeuta Ocupacional e Técnica/o de Farmacia), e ábrese prazo para a toma de posesión a partir de mañá día 3 de maio. 

 Ope

. RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. OPE 2014. Toma de posesión   Descargar PDF

 

A toma de posesión realizarase conforme a estas instrucións.

 

Información na páxina do SERGAS.  Para a OPE de Técnica/o de Farmacia, nesta ligazón.

 
Publicada baremación provisional de listas de contratación de PSX e categorías de oficios Imprimir Correo-e
Contratacións
Luns, 24 Abril 2017 09:13

Publícase o luns 24 de abril no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional de listas das categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a e persoal de servizos xerais:

 

info listas contratación

  • RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Baremación provisional listas de contratación varias categorías  Descargar PDF

Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para presentar reclamación tanto ás listas de admitidas/os e excluídas/os coma á propia baremación provisional.

Podes ver as listas no teu Expedient-e e na  Páxina do SERGAS.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>