facebook     twitter

gripe
eu-galego
Oferta de emprego público da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 16 Marzo 2009 08:04
 Oferta de emprego público da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
 
Concentración C.S. Tui pola recollida do lixo Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 13 Marzo 2009 09:45

  O Concello de Tui négase a instalar contedores de lixo no Centro de Saúde dende que se realizaron as obras de humanización do contorno.

 

  

   O xoves 12 de marzo tivo lugar a segunda concentración do persoal do Centro de Saúde de Tui para reclamar que se instalen os contenedores de lixo que se retiraron coa  reforma do entorno.

   O alcalde parece non querer enterarse e non entender moito do que se solicita e confunde os restos de lixo comúns da limpeza ordinaria do centro cos residuos que se producen na atención directa ó usuario, estes últimos residuos se recollen en contenedores especiais como así está protocolizado.

   O conflito, de tan fácil solución, se non se resolve por cabezonería do alcalde vai ter continuidade e se radicalizarán as accións reivindicativas.

 

Noticia na prensa

 

 

 
Colexiacións, NON obrigatorias Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 09 Marzo 2009 21:04

  A Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde a instancia de CIG-SAUDE remítenos un escrito informándonos de que os profesionais titulados vinculados coa administración non precisarían estar colexiados, segundo a lei 11/2001. Nota informativa Secretaría Xeral do SERGAS   Informe xurídico   Mais información

 

 
Conflito Cruz Vermella Vigo Imprimir Correo-e
Privada
Venres, 06 Marzo 2009 08:31

  SUSPENSIÓN DAS MOBILIZACIÓNS NA CRUZ VERMELLA VIGO

  Despois de que o Alcalde de Vigo prometera aprobar a licenza das obras do hospital nun prazo dunha semana (a empresa dicía que era como mínimo 3 meses); o Delegado de Benestar se comprometera a continuar coa política de sacar do hospital os doentes de longa estancia (era unha media de 6 doentes ó ano, e neste último medio ano foron 12); o SERGAS asina unha cláusula adicional no acordo vixente coa Cruz Vermella no que se compromete a un incremento  e ser o provedor dos medicamentos e material sanitario, co que garante a viabilidade do hospital ate que remate o concerto no 2010, e a Cruz Vermella inicie un proxecto para reformar o hospital. Os/as traballadores/as acordaron en asemblea mantida o martes 3 de marzo suspender as mobilizacións temporalmente, se non foxen efectivas estes compromisos volverían as mobilizacións.

A suspensión temporal e non definitiva é debido a que se está agardando que pasen o proxecto das obras, pois está claro (tamén o SERGAS) que o futuro do hospital pasa por ter doentes de curta e media estancia, que son os que realmente colapsan os hospitais públicos e dos que maior demanda de camas existirá no futuro. Debido a isto esiximos á empresa que a reforma que leve a cabo vaia neste camiño, e non un lavado de cara para continuar cos mesmos doentes e que dentro de 2 anos volvamos a atoparnos na mesma situación.

 

 
Carreira Profesional Ordinaria Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 05 Marzo 2009 12:10

        Ante a nova situación política puxémonos en contacto co SERGAS para que nos aclarase a situación actual,  o que nos comunican é:     

            Ante esta situación de provisionalidade decidiron non facer ningunha negociación, polo que queda anulada a reunión do día 6. O Decreto de Carreira Ordinaria queda paralizado até que tome posesión o novo/a  Conselleiro/a, e decida o que decida . O goberno en funcións non vai a  aprobar ningunha norma máis,  e o Consello Consultivo tamén está en situación de provisionalidade. Non queda máis remedio que esperar.

          O que demandamos do SERGAS é que non poden paralizar o traballo técnico, é dicir, que a Admón debe seguir funcionando e polo tanto teñen que convocar as comisión de seguimento dos acordos vixentes:

          Primaria, comisións de traballo do acordo retributivo, aplicativo MUH, contratacións, OPE....

 
Temarios OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 03 Marzo 2009 12:13

      CIG-SAUDE ten un acordo coa editorial MAD para aplicarlle descontos do 25% ós afiliados e afiliadas. Para tramitar os pedidos hai que poñerse en contacto con CIG-SAUDE Vigo (locais sindicais ou telefonicamente) para cubrir as solicitudes de pedido. O pedido será remitido ó domicilio do solicitante e pagado contra reembolso. Se o pedido supera os 90€, os gastos de envío (5€) serán gratuítos.

Prezos dos temarios e test da OPE por categoría. 

 
Acceso directo á solicitude da OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 02 Marzo 2009 20:57

Enlace para cubrir a solicitude da OPE 2009

Como cubrir o formulario

 
Relación Temarios OPE 2009 Persoal Non Facultativo Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 27 Febreiro 2009 13:14
     Relación Temarios OPE 2009 Persoal Non Facultativo 
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 Seguinte > Final >>