facebook     twitter

gripe
eu-galego
Colexiacións, NON obrigatorias Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 09 Marzo 2009 21:04

  A Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde a instancia de CIG-SAUDE remítenos un escrito informándonos de que os profesionais titulados vinculados coa administración non precisarían estar colexiados, segundo a lei 11/2001. Nota informativa Secretaría Xeral do SERGAS   Informe xurídico   Mais información

 

 
Conflito Cruz Vermella Vigo Imprimir Correo-e
Privada
Venres, 06 Marzo 2009 08:31

  SUSPENSIÓN DAS MOBILIZACIÓNS NA CRUZ VERMELLA VIGO

  Despois de que o Alcalde de Vigo prometera aprobar a licenza das obras do hospital nun prazo dunha semana (a empresa dicía que era como mínimo 3 meses); o Delegado de Benestar se comprometera a continuar coa política de sacar do hospital os doentes de longa estancia (era unha media de 6 doentes ó ano, e neste último medio ano foron 12); o SERGAS asina unha cláusula adicional no acordo vixente coa Cruz Vermella no que se compromete a un incremento  e ser o provedor dos medicamentos e material sanitario, co que garante a viabilidade do hospital ate que remate o concerto no 2010, e a Cruz Vermella inicie un proxecto para reformar o hospital. Os/as traballadores/as acordaron en asemblea mantida o martes 3 de marzo suspender as mobilizacións temporalmente, se non foxen efectivas estes compromisos volverían as mobilizacións.

A suspensión temporal e non definitiva é debido a que se está agardando que pasen o proxecto das obras, pois está claro (tamén o SERGAS) que o futuro do hospital pasa por ter doentes de curta e media estancia, que son os que realmente colapsan os hospitais públicos e dos que maior demanda de camas existirá no futuro. Debido a isto esiximos á empresa que a reforma que leve a cabo vaia neste camiño, e non un lavado de cara para continuar cos mesmos doentes e que dentro de 2 anos volvamos a atoparnos na mesma situación.

 

 
Carreira Profesional Ordinaria Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 05 Marzo 2009 12:10

        Ante a nova situación política puxémonos en contacto co SERGAS para que nos aclarase a situación actual,  o que nos comunican é:     

            Ante esta situación de provisionalidade decidiron non facer ningunha negociación, polo que queda anulada a reunión do día 6. O Decreto de Carreira Ordinaria queda paralizado até que tome posesión o novo/a  Conselleiro/a, e decida o que decida . O goberno en funcións non vai a  aprobar ningunha norma máis,  e o Consello Consultivo tamén está en situación de provisionalidade. Non queda máis remedio que esperar.

          O que demandamos do SERGAS é que non poden paralizar o traballo técnico, é dicir, que a Admón debe seguir funcionando e polo tanto teñen que convocar as comisión de seguimento dos acordos vixentes:

          Primaria, comisións de traballo do acordo retributivo, aplicativo MUH, contratacións, OPE....

 
Temarios OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 03 Marzo 2009 12:13

      CIG-SAUDE ten un acordo coa editorial MAD para aplicarlle descontos do 25% ós afiliados e afiliadas. Para tramitar os pedidos hai que poñerse en contacto con CIG-SAUDE Vigo (locais sindicais ou telefonicamente) para cubrir as solicitudes de pedido. O pedido será remitido ó domicilio do solicitante e pagado contra reembolso. Se o pedido supera os 90€, os gastos de envío (5€) serán gratuítos.

Prezos dos temarios e test da OPE por categoría. 

 
Acceso directo á solicitude da OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 02 Marzo 2009 20:57

Enlace para cubrir a solicitude da OPE 2009

Como cubrir o formulario

 
Relación Temarios OPE 2009 Persoal Non Facultativo Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 27 Febreiro 2009 13:14
     Relación Temarios OPE 2009 Persoal Non Facultativo 
 
Convocatoria OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 25 Febreiro 2009 21:33

DOG 26 febreiro 2009 

  Prazo de presentación solicitudes ata o 31 de marzo de 2009.

Prazas OPE

Formalización da solicitude:

O modelo de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2009, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que aparecerá neste apartado.

O impreso xerado neste apartado deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

Formalización do pagamento das taxas:

Deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe que, para cada categoría, se especifica no Anexo II e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. Devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos (Servizos de Persoal)

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%; circunstancias que deberán ser acreditadas coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto coa solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día  seguinte ao da publicación do listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.

Documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.

   c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

   A presentación das solicitudes poderán realizarse nos rexistros dos Centros ou no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, no seu caso, o defecto que motivou o seu exclusión.

A estimación ou desestimación de devanditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.

 

Mais información nos locais sindicais de CIG-SAUDE

 
O Centro de saúde de Tui sen contenedores de lixo Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 23 Febreiro 2009 11:59

 

O Concello de Tui négase a instalar contedores de lixo no Centro de Saúde dende que se realizaron as obras de humanización do contorno.

 Desculpase dicindo que non poden pasar os camións de recollida do lixo pola zona “humanizada”, cando vemos pasar tódolos días autobuses, camións de reparto, etc.

As traballadoras da limpeza do Centro teñen que desprazarse mais de 50 metros coas bolsas de recollida de lixo, chova, neve, faga frío ou calor, con bolsas de gran tamaño que ademais non entran pola boca dos novos contedores instalados.

Un Centro de Saúde necesita dun sistema de recollida de lixo que de resposta as súas necesidades, e isto non se cumpre no caso de Tui.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 Seguinte > Final >>