facebook     twitter

gripe
eu-galego
Aprazamento mobilizacións Carreira Profesional Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 19 Febreiro 2009 17:01
  A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT, APRAZA AS MOBILIZACIÓNS TRA-LO COMPROMISO ADQUIRIDO POLO SECRETARIO XERAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DE CONVOCAR AOS INTEGRANTES DA MESA SECTORIAL O DÍA 6 DE MARZO DE 2009 PARA ESTABLECER UN CALENDARIO DE REUNIÓNS ONDE SE ABORDEN OS ASPECTOS INCORPORADOS Á TABOA REINVIDICATIVA  DA PLATAFORMA SINDICAL 
Ler máis...
 
Convocatoria automática de contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Mércores, 18 Febreiro 2009 13:32

   Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.

    A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio).

   O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1  ata  o día 16 de marzo do 2009, ámbolos dous inclusive.

   Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 

 
Concentración Carreira Profesional Santiago 17-02-09 Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 18 Febreiro 2009 08:11
Ante a negativa a negociar do Servizo Galego de Saúde:

Os traballadores e as traballadoras do SERGAS irán a FOLGA O VINDEIRO VENRES 27 DE FEBREIRO logo do fracaso da xuntanza mantida na Consellaría de Sanidade para tentar  abrir unha negociación do modelo da Carreira Profesional Ordinaria.
   A reunión, que se prolongou durante máis de dúas horas, estivo precedida por unha concentración de traballadores/as chegados/as de todo o País, na que participaron unhas mil persoas que reclamaban a retirada do decreto que regula a carreira profesional.

Ler máis...
 
Decreto OPE 2009 diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 13 Febreiro 2009 10:04

Decreto  25/2009 de 12 de febreiro que se publica o 13 de febreiro 2009 no DOG nº 31, polo que se aproba a Oferta de Emprego Público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde

Ler máis...
 
Prazas OPE por acceso Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 13 Febreiro 2009 09:45

 

  Cadro de prazas repartidas pola forma de acceso ( promoción interna, libre e discapacitados ), e a titulación necesaria para poder acceder ás mesmas. 
 
Concentración Cruz Vermella Imprimir Correo-e
Privada
Xoves, 12 Febreiro 2009 17:24

De novo o persoal da Cruz Vermella concentrouse o xoves 12 de febreiro as 12h, esta vez diante do edificio dos servizos administrativos da Xunta de Galiza en Vigo (Praza da Estrela) para reclamar solucións á situación de abandono e deixadez que ven sufrindo dito centro dende hai tempo, pondo en risco os postos de traballo. Nos próximos días espéranse movementos por parte das administracións para clarexar o futuro de tan importante sevizo.



CRUZ VERMELLA SOLUCIÓN

Ler máis...
 
Prazas enfermaría Atención Primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 12 Febreiro 2009 10:17

Segundo informa a Xerencia de Atención Primaria, ás 43 prazas de Enfermaría que se crearán na Área de Vigo durante o ano 2009, por aplicación do Plan de Mellora, iranse cubrindo en tres tandas, a primeira a finais de febreiro, a segunda a finais de marzo e a terceira en outubro.

As prazas que se crearan na primeira tanda serán:

 

Servizo/Unidade

Nº e quenda

Beiramar

1 mañá

Coruxo

1 mañá

Doblada

1 mañá

Rosalía Castro

1 deslizante

ona

1 mañá

A Guarda

1 mañá

Moaña

1 mañá

Mos

1 mañá

Ponteareas

1 mañá

Porriño

1 deslizante

Lavadores

1 deslizante

 

 

 

 
Permisos eleccións 2009 Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 11 Febreiro 2009 11:20
Permisos eleccións 2009
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 Seguinte > Final >>