facebook     twitter

gripe
eu-galego
Concentracións Carreira Profesional 10-02-09 Imprimir Correo-e
CHUVI
Martes, 10 Febreiro 2009 17:35

  O xoves 10 de febreiro celebraronse novas concentracións no Hospital Xeral (11h) e no Hospital do Meixoeiro (12h) para protestar contra o decretazo que intenta impor o Servizo Galego de Saúde na Carreira Profesional Ordinaria.

   Lembrar que a próxima concentración será o xoves 12 de febreiro diante da Xerencia de Atención Primaria (rúa Rosalia de Castro) as 14h e que o martes 17 de febreiro será a manifestación central en Santiago ás 11:30h diante do Servizo Galego de Saúde. Sairán autobuses gratuitos dende a rúa Pizarro, diante de urxencias do Hospital Xeral as 10h.

   Podedes anotaros para o autobús nas Seccións Sindicais dos sindicatos que forman parte da Plataforma Sindical.

 

 

SE QUERES PARAR Ó SERGAS PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS

DECRETAZO NON   NEGOCIACIÓN SI

Ler máis...
 
Previsións OPE 2009 Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 06 Febreiro 2009 07:55

Segundo información do Servizo Galego de Saúde as previsións para a OPE 2009 son as seguintes:

Ler máis...
 
Concentracións Carreira P. Ordinaria 05-02-09 Imprimir Correo-e
CHUVI
Venres, 06 Febreiro 2009 07:38

 O xoves 5 de febreiro celebráronse dúas concentracións mais en contra do decretazo da Carreira Profesional Ordinaria por parte do Servizo Galego de Saúde, estas concentracións tiveron lugar no H. do Rebullón as 11h e no H. Nicolás Peña  as 14h.

As próximas concentracións serán o martes 10 de febreiro no H. Xeral as 11h e no H. Meixoeiro as 12h. O xoves día 12 será en Atención Primaria as 14h, rúa Rosalía de Castro (Xerencia).

¡PARTICIPA!

Máis fotos
 
Concentración Cruz Vermella 05-02-09 Imprimir Correo-e
Privada
Xoves, 05 Febreiro 2009 20:38

 Dende finais de decembro o persoal da Cruz Vermella de Vigo vense concentrando tódolos xoves as 12h diante do Hospital da Cruz Vermella para reivindicar inversións no centro por parte das administracións . A situación actual e de un abandono vergonzoso dando a sensación de que dito centro non interesa mantelo, co conseguinte risco de perdas de postos de traballo e abandono dun servizo asistencialmente necesario. CIG-SAUDE está presente en ditas concentracións e participando activamente na búsqueda de solucións.

 

CRUZ VERMELLA SOLUCIÓN

 

 
Concentracións Carreira Profesional Ordinaria 03-02-09 Imprimir Correo-e
CHUVI
Martes, 03 Febreiro 2009 20:58

 O martes 3 de febreiro realizáronse concentracións contra o DECRETAZO do SERGAS da Carreira Profesional Ordinaria. A ditas concentracións nos hospitais Xeral e Meixoeiro acudiron un número importante de traballarores e traballadoras.

   O xoves 5 de febreiro realizaranseas concentracións no H. do Rebullón as 11h e no H. Nicolás Peña as 14h. O martes 10 volveranse facer concentracións no H. Xeral as 11h e no H. Meixoeiro as 12h e o xoves 12 de febreiro farase a concentración en Atención Primaria, na Xerencia, rúa rosalía de Castro as 14h.

   Para finalizar esta primeira campaña de protesta o martes 17 de febreiro as 11:30h realizaremos unha gran manifestación en Santiago.
Ler máis...
 
Non ó decretazo da Carreira Profesional Ordinaria Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 29 Xaneiro 2009 17:29

A semana do 26 ó 30 de xaneiro celebraronse asembleas informativas no CHUVI e Atención Primaria de Vigo para explicar ó persoal a situación actual do proceso da Carreira Profesional Ordinaria. Para elo formouse a plataforma sindical formada por :

CCOO - CESM - CIG-SAUDE - CSI-CSIF - SAE e UGT.

  O día 19 de decembro de 2008 a Administración dá por rematada a negociación de Carreira Ordinaria, ignorando as reivindicacións das Organizacións Sindicais, buscando unha vez máis a confrontación no ámbito da Sanidade en vez de intentar acadar o consenso desexado.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 Seguinte > Final >>