facebook     twitter

gripe
eu-galego
CIG-SAÚDE manifesta que a desconvocatoria de folga de Atención Primaria non pon fin ao conflito nin á negociación. Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Martes, 09 Abril 2019 06:21


Desconvocatoria-190408-mgm

Tal e como se acordou ao remate da xuntanza, esa primeira mesa sectorial, será convocada para o día 26 de abril.
A secretaria nacional de CIG-SaúdeMaría Xosé Abuín valora que este acordo pon de manifesto o recoñecemento por parte da consellaría de Sanidade da necesidade de crear este órgano de participación para analizar e pór solución ás necesidades da Atención Primaria. "Agardamos que haxa boa fe por parte da consellaría de Sanidade e que as conclusións deste Consello Técnico sexa cumpridas na súa totalidade e co correspondente orzamento para darlles cumprimento".
Máis unha vez, a CIG-Saúde lamenta que sexa necesario recorrer a medidas de presión como a convocatoria dunha folga para que o SERGAS acepte crear un marco de negociación para solucionar os problema de Atención Primaria.
En todo caso a CIG-Saúde advirte que se esa "boa fe" non se traduce en feitos "retomaremos as medidas de presión sen descartar ningunha".


 Acta desconvocatoria da folga

 
Asemblea enfermeiras Imprimir Correo-e
EOXI
Luns, 08 Abril 2019 16:24

Asemblea-enfermeiras-precaridade

 
Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019 Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 01 Abril 2019 07:35

Traslados

O xoves 28 de marzo publícouse a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

 

 

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

 

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

 
Publicación listas provisionais contratacións diversas categorías Imprimir Correo-e
Contratacións
Mércores, 27 Marzo 2019 12:47

 Contratacion

O mércores 27 de marzo de 2019 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

  • enfermeiro/a,
  • enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental,
  • enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
  • médico/a de familia,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • pediatra de atención primaria,
  • persoal de servizos xerais


Prazo de reclamacións: 10 días hábiles ( do 28 de marzo ao 10 de abril de 2019).

 

Aclaración: o baremo que se aplica para as listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o que figura na convocatoria de OPE da categoría de enfermeiro/a de 12/03/2018, no que o valor mes dos servizos prestados diminúe.

 
Cursos online para persoal non sanitario Imprimir Correo-e
Formación
Mércores, 27 Marzo 2019 12:41

 

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/saude

Prezos especiais para afiliados/as

 

20190326 RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 

 

 

20190326 MANEXO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA EXTERNA EN INSTITUCIÓNS

 
Publicación listas contratación definitivas de diversas categorías Imprimir Correo-e
Contratacións
Xoves, 21 Marzo 2019 09:47

 

Publícase no DOG o xoves 21 de marzo a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitivaobtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

  • albanel,
  • carpinteiro/a,
  • celador/a,
  • cociñeiro/a,
  • costureiro/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa,
  • lavandeiro/a,
  • pasador/a de ferro,
  • perruqueiro/a,
  • pinche,
  • telefonista
 
OPE AUX ADMTVO Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 20 Marzo 2019 09:32

 

Infórmase que está previsto que o luns, 25 de marzo, se publiquen no Diario Oficial de Galicia, o lugar e as datas de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

 Ope

Os exames da fase de oposición terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, o domingo, 7 de abril, ás 15:30 horas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>