facebook     twitter

gripe
eu-galego
CIG-Saúde retoma as mobilizacións no conxunto da Atención Primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 16 Maio 2019 06:28

 

Ante os diferentes incumprimentos por parte da Consellería de Sanidade dos compromisos e acordos tomados o día 8 de abril a CIG-Saúde retoma as mobilizacións na Atención Primaria desde xa e que proximamente serán concretadas en común con tódolos colectivos afectados. Así mesmo a CIG-Saúde apoia todas as mobilizacións en Atención Primaria no camiño dunha solución global e para todos os colectivos.

 

Con este obxectivo e neste contexto de mobilización,  CIG-Saúde en Vigo apoia a folga do 21 e 22 de maio mentres se retoma o calendario de mobilizacións para conseguir unha solución global para toda a Atención Primaria.

 

O actual Xerente da EOXI de Vigo está inhabilitado para a negociación deste conflito, polo que a súa dimisión ou cese é o primeiro paso necesario para intentar superalo.

 

A situación na que se atopa a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo precisa que se tomen medidas urxentes. As presentadas na última Mesa Sectorial están moi lonxe de ser as que a nosa atención primaria precisa.

 

A complexidade da situación actual, marcada pola cronicidade e o envellecemento, xunto coas limitacións do cadro de persoal para dar unha resposta de calidade, precisa da elaboración urxente dun Plano de Ordenación de Recursos Humanos que identifique as necesidades, tanto de prazas de nova creación como de prazas que será necesario substituír nos próximos anos como consecuencia do elevado número de xubilacións previstas. Este plano de ordenación de RRHH debe contemplar as medidas que é necesario por en marcha para dar resposta a esas necesidades.

 

Para que a Atención Primaria recupere peso no conxunto da sanidade pública esiximos a creación da Xerencia de Atención Primaria, para, entre outras cousas, ter unha interlocución en pe de igualdade coa Atención Hospitalaria que permita establecer un marco de relación bidireccional en beneficio dos profesionais e dos pacientes. E mentres isto non sucede, demandamos que se poñan en marcha as medidas acordadas por profesionais dos dous ámbitos recollidas no Plan Estratéxico.

 

As solucións que necesita a Atención Primaria precisan dunha visión global e multidisciplinar que recupere o traballo en equipo e permita o adecuado desenvolvemento profesional de tódalas persoas que traballan en Atención Primaria, para isto é preciso revisar as carteiras de servizos de cada categoría profesional e adaptar os ratios ás novas necesidades.

 
Publicación convocatorias OPE diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 15 Maio 2019 11:00

 

O mércores 15 de maio  publícanse no DOG as convocatorias de concurso-oposición das categorías de enfermeiro/a especialista e de fisioterapeuta.

 

 

Especialidades convocadas:

  • enfermaría de saúde mental,
  • enfermaría do traballo,
  • enfermaría familiar e comunitaria,
  • enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
  • enfermaría pediátrica.


Captura enf esp

 

 

Captura fisio

 

 

SISTEMAS DE ACCESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 16 de maio ao 15 de xuño de 2019.


As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.


Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:


- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.


No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.


O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).


PAGO DE TAXAS: 36,36 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

 
Publicación provisional listas provisionais Mobilidade Interna CHUVI Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 10 Maio 2019 07:57

 

traslados-chuvi

 

 

O venres 10 de maio de 2019, publícase nos taboleiros de anuncios e na Intranet da XXI Vigo adocumentación relativa á publicación da resolución provisional do concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria, correspondente a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos convocado por resolución da Xerencia do 12 de xullo de 2018.

 

 

 

 Datos-mobilidade-interna-CHUVI-2019

 

- Resolución do 10 de maio de 2019

 

- Listaxes provisionais de asignación de prazas:

 

- Enfermeiro/a

 

- Fisioterapeuta

 

- Terapeuta Ocupacional

 

- Logopeda

 

- TSID

 

- TCAE

 

- Auxiliar Administrativo

 

- Celador

 

 

 

 

As persoas participantes disporán dun prazo de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación para formular as alegacións que estimen oportunas (do 13 de maio ao 3 de xuño, ambos días incluídos) 

 

 

Listas provisionais

 

 

Resolución

 
Publicación data e lugar da realización do exame da fase de oposición da categoría de enfermeira/o. Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 30 Abril 2019 10:14

 

O martes 30 de abril  publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2019 pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018. 

Data: 12 de maio de 2019.
Hora: 15.30 horas.
Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

Ope

O Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ou que desen a luz, e por estes motivos estean ingresadas no mesmo día do exame, realizar os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo.

 

As opositoras xestantes deberán por en coñecemento da Dirección Xeral de Recursos Humanos, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estar ingresadas na data da súa realización.

 

Unicamente serán atendidas as solicitudes de desprazamento a centro sanitario pola causa exposta que consten debidamente xustificadas na Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á publicada no Diario Oficial de Galicia como hora de inicio das probas.


Para os efectos desta base, só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
Publicacións plantilla de respostas definitivas e lista provisional de puntuación da fase de oposición da categoría de celador/a Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 09 Maio 2019 10:11

 

O xoves 9 de maio publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Publícase o modelo definitivo de respostas das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral así como as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes nesta fase de oposición.

Ope

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles (do 10 ao 16 de maio de 2019) seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

 
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 3 DE MAIO DE 2019. Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 08 Maio 2019 07:13

 

1.- Dotación de prazas no ámbito de atención primaria.


 

2019

2020-2021

TOTAL

MÉDICO/A DE FAMILIA

12

68

80

PEDIATRA DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

20

20

FARMACÉUTICO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

4

4

ENFERMEIRO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

25

105

130

FISIOTERAPEUTA

8

32

40

MATRÓN/A

 

20

20

TRABALLADOR/A SOCIAL

 

14

14

TOTAL

45

263

308

 

Estas son as prazas que ofreceu o Sergas e que serán aprobadas polo consello da Xunta no mes de maio. Esas vacantes ofertaranse a través da lista de contratacións no mes de xuño.

 

Dende CIG-SAÚDE rexeitamos a proposta porque non podemos verificar que o cadro que se nos presenta é un aumento de persoal na atención primaria. O SERGAS segue a actuar de mala fe negándonos a información que corresponde. Nin sequera quixeron dicirnos en que EOXI se van a cubrir as prazas do ano 2019. Na reunión anterior de mesa sectorial do día 26 de abril, solicitamos que se nos facilitara un censo de traballadores/as de atención primaria para poder comprobar as prazas vacantes producidas desde o ano 2010, as prazas cubertas en OPE e traslados e as prazas cubertas por persoal eventual. Para así poder verificar se existe un incremento real no cadro de persoal, ou se pola contra están a cubrir as prazas vacantes que se amortizaron non últimos anos.

 

Dende CIG-Saúde denunciamos as categorías que faltan e que non van ter incremento de persoal no período 2019-2021.

A meirande parte dos sindicatos aceptaron como positivo este “incremento de prazas”.

 

2.- Contrato de precari@s.


Tal e como se acordou o día 8 de abril, volven a "negociarse" na mesa sectorial as condicións laborais do contrato de precari@s.

 

O día anterior, o SERGAS convocou unha reunión con CSIF, CESM, OMEGA, UGT e SATSE, OOSS asinantes do devandito contrato e que forman parte da comisión de seguimento do mesmo.

 

Nesa reunión non fixeron ningunha interpretación do contrato, só matizaron o xa acordado, e non muda as condicións de precariedade do contrato. O mais grave é que manteñen que as novas prazas que se creen se farán no ámbito deste contrato, iso si, previo paso pola comisión de seguimento.

 

Á Mesa Sectorial traen para "negociar" un documento pechado e acordado o día anterior só para que nos sumaramos. Isto non é negociar.

 

Dende CIG-Saúde rexeitamos ese acordo porque segue a manter, entre outras cousas, a base sétima do nomeamento, que recolle que as próximas prazas se van crear neste ámbito, é dicir, prazas con máis de 1 centro e incluso que poden ser de distrito.

 

3.- Condicións laborais do persoal de PACs.

Desde CIG-SAÚDE manifestamos que estamos a agardar pola decisión do persoal de PACs. O día 8 de maio celébrase a consulta e con posterioridade teremos o resultado.

Preguntámoslle á directora de RRHH se estaría o SERGAS disposto a retirar da súa proposta o punto 4.- Computo de xornada, ao que respondeu que si. Pero que se do documento desaparece o punto 4, o SERGAS vai seguir facendo os cómputos como os fai agora, é dicir, seguirá prexudicando os/as traballadores/as.

 

4.- Outros temas.

O SERGAS comunicou aos centros que soliciten ao persoal de enfermaría que incorporen no FIDES o título de enfermeira especialista en pediatría. Está previsto que na primeira semana de xuño se convoque a comisión técnica de enfermeiras/os especialistas.

 
Publicación listas provisionais contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Luns, 06 Maio 2019 07:21

 

O luns 6 de maio publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

  • calefactor/a,
  • condutor/a,
  • electricista,
  • fontaneiro/a
  • mecánico/a

 

Contratacion

 

 

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles ( do 7 ao 21 de maio de 2019).

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>