facebook     twitter

gripe
eu-galego
ONSULTA PACS EN GUERRA Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 14 Febreiro 2019 11:54

votacin-PAC_18_02

 
Oferta formativa CIG-SAÚDE marzo 2019 Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 12 Febreiro 2019 12:28


Cursos online que ofrece CIG-Saúde con comezo en marzo do 2019

  • Cursos acreditados para persoal sanitario
  • Cursos baremables no SERGAS para persoal non sanitario

Prezos especiais para os/as nosos/as afiliados/as


OFERTA_FORMATIVA_MARZO

 

Para inscribirte accede a través deste enlace: https://costalugoformacion.com, e preme no logo da GIG   

Nese apartado verás a nosa oferta formativa.

 
Manifestacion SOS sanidade pública en Santiago Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 08 Febreiro 2019 10:38

Manifestacion-sos-10-febreiro-2019_1

Bus gratuito dende o local da CIG, Gregorio Espino 47 Vigo.

Anotarse ata o venres 8 de febreiro. 986827900

 
Data OPE celadoras Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 04 Febreiro 2019 10:09

Según informa o SERGAS, 

 

As datas e lugar de celebración dos exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador/a:

 

Ope

- Sábado, 9 de marzo: Quenda de discapacidade intelectual (1º exercicio)


- Domingo, 10 de marzo:Quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral (1º-2º e 3º exercicio) 

 

 

En ambos supostos, os exercicios desenvolveranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda).

 

 

Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai público o horario de inicio das probas desta categoría e as portas de acceso dos/das aspirantes.

 

 

Mantense a previsión de datas de exame, anunciadas na web, para as categorías de grupo auxiliar da función administrativa e enfermeiro/a:

 

 

- Grupo auxiliar da función administrativa: 7 de abril

 

- Enfermeiro/a: 12 de maio

 

 
CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 01 Febreiro 2019 07:54

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

 

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

 

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

 

Igualdade

 
Publicación listas provisionais contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Venres, 01 Febreiro 2019 07:48

 

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Contratacion

  • albanel,
  • carpinteiro/a,
  • celador/a,
  • cociñeiro/a,
  • costureiro/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa,
  • lavandeiro/a,
  • pasador/a de ferro,
  • perruqueiro/a,
  • pinche
  • telefonista


Prazo de reclamacións: 10 DÍAS HÁBILES (do 30 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2019)

 
Milleiros de persoas claman en Vigo “pola dignidade da sanidade pública” Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 28 Xaneiro 2019 10:20

A xunta de persoal esixe o cese dos recortes e máis recursos para poder prestar unha atención de calidade.

 

19-01-24 ManifaDignidadeSanidadePublicaVigo01.JPG

 

Milleiros de persoas mobilizáronse o xoves 24 de xaneiro de 2019  polas rúas de Vigo “pola dignidade de sanidade pública” convocadas pola xunta de persoal e para esixirlle ao Sergas que cese nos recortes e contrate máis persoal para poder prestar unha atención de calidade. “A privatización é corrupción”, “Goberne quen goberne a sanidade non se vende” e “Conselleiro dimisión” foron novamente as consignas que máis se escoitaron durante unha marcha que saíu do hospital Xeral e rematou na Porta do Sol.

 

19-01-24 ManifaDignidadeSanidadePublicaVigo18.JPG

Ao remate da manifestación, a segunda multitudinaria que se celebra en menos dun mes tras a promovida polos xefes/as de servizo de Atención Primaria, denunciouse que dende o inicio da crise a cobertura sanitaria non fixo máis que empeorar pola falta de recursos e a saturación do sistema.

 

Ademais, criticouse a política de recortes que está a aplicar dende entón o Goberno galego e que está a causar graves problemas en Puntos de Atención Continuada (PAC), Atención Primaria e nos hospitais, polo que se reclamou a dimisión do presidente da Xunta, do conselleiro de Sanidade e do xerente da EOXI de Vigo.

 

Na marcha participaron os distintos colectivos que se atopan en pé de guerra na defensa dos seus dereitos laborais e dunha atención sanitaria digna e de calidade, como son o persoal dos PAC ou de Atención Primaria (centros de saúde), cuxos/as xefes/as de servizo dimitiron en bloque recentemente en protesta polas condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo.


VIDEO

 
CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 28 Xaneiro 2019 09:54

 

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

 

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

 

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>