facebook     twitter

gripe
eu-galego
10 de marzo Día da Clase Obreira Galega: recuperar dereitos para avanzar Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 08 Marzo 2019 08:13

Na Galiza emprego, salarios e pensións dignas.

10-marzo

A CIG chama a mobilizarse o vindeiro domingo, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para exixir que se derroguen as reformas laborais e as políticas executadas coa escusa da crise porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega.


Mobilizacións

Vigo: Manifestación desde a Dobrada ás 12h

Pontevedra: Praza da Peregrina, 12h

Vilagarcía: Praza de Galiza, 12h

Compostela: Praza Roxa, 11:30h

A Coruña: Manifestación desde a Praza de Vigo ás 12h

Ferrol: Manifestación desde o Monumento ao 10 de marzo ás 12h

Lugo: Manifestación desde o Edificio Sindical ás 12h

Ourense: Praza do Ferro, 11:30h


Os contratos por horas, días ou como máximo semanas; a utilización dos contratos a tempo parcial, das ETT, de falsos/as autónomos/as, das empresas multiservizos, dos centros especiais de emprego; e o intento da imposición de convenios colectivos estatais fronte aos provincias e de ámbito galego son as novas realidades no mundo do traballo que están a fomentar o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e a afondar na perpetuación das desigualdades de xénero.


A perda de emprego, o desmantelamento industrial e o peche de empresas, xunto coa emigración, son unha constante, evidenciándose de forma dramática o dano que están a provocar as políticas neoliberais en Galiza.


O Goberno español do PSOE seguíu a manter o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas en 2010, pero sobre todo en 2013, que teñen significado un verdadeiro atentado e un golpe de Estado aos dereitos laborais e sociais e á negociación colectiva.


De feito, as medidas aprobadas nos últimos meses, e as que se anuncian nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, son claramente insuficientes (decreto sobre salario mínimo, etc.) e inxustas (decreto contratos relevo e xubilación parcial, etc.), cando non continuístas das políticas do PP (des censo da inversión en Galiza, mantemento da reforma das pensións do 2011 e 2013, etc.)


Nesta situación, e neste momento de inestabilidade política e institucional, temos que ser conscientes e non caer no engano de crer que as solucións virán polas concesións que nos faga o poder económico. Como tampouco as conseguiremos dun poder político que está ao servizo do capital e non da clase traballadora. Así mesmo, denunciamos unha vez máis a lacra que representa o chamado diálogo social, a concertación social que lamentabelmente seguen a practicar a diario UGT e CCOO coa patronal e cos Gobernos español e galego, colaborando na desmobilización e afondando na mentira de que por esta vía a clase traballadora poderá mellorar.

 
Convocatoria de OPE de PSX Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 08 Marzo 2019 08:05

O xoves 7 de marzo de 2019, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais.

SISTEMAS DE ACESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

 

As 9 prazas da quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

 

CATEGORÍA

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade xeral

Total

Titulación

Persoal de servizos xerais

C2

24

38

4

75

Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.


PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por  (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),rexistro electrónico
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).


PAGO DE TAXAS25,81 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

Reparto PSX

 
Curso online para persoal de xestión e servizos Imprimir Correo-e
Formación
Venres, 08 Marzo 2019 08:02

curso_violencia_de_xnero

 

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/cursos-saude/

 

Prezos con desconto para afiliados/as

 
Resolución permisos por mor dos exames da OPE dalgunhas categorías Imprimir Correo-e
EOXI
Luns, 04 Marzo 2019 10:43

Dende a xerencia da EOXI  de Vigo publican unha resolución sobre a organización dos permisos por exames para algunhas categorías na OPE en curso.

 

RESOLUCIÓN

 
Procedemento para o disfrute de permisos e vacacións na EOXI de Vigo Imprimir Correo-e
EOXI
Venres, 01 Marzo 2019 16:45

 

O venres 1 de marzo de 2019 a Xerencia da EOXI de Vigo emitiu unha resolución onde se ditan instrucións sobre o rexime de vacacións e permisos 2019 para o persoal do ámbito da xerencia.

 

RESOLUCIÓN 

 

Dita resolución non contou coa aprobación da Xunta de Persoal, entrando en vigor de forma unilateral coa aprobación da dirección da EOXI de Vigo.

 
Mobilidade interna provisional atención primaria de Vigo Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 25 Febreiro 2019 07:23

 

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais, dende o día 25 de febreiro ata o día 11 de marzo de 2019, ambos inclusive.

 

Resolución 

 

Acordo

 

 
CIG-Saúde esixe permisos xustos para realización dos exames de OPE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 20 Febreiro 2019 10:01

Permisos-celadoras-decentes

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>