facebook     twitter

gripe
eu-galego
Información Comisión Central de Contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Luns, 25 Xuño 2018 08:23


Previsións de publicación de listas:

Contratacion

Mes de xuño:

-          Listas definitivas de PSX, mecánico/a, calefactor, condutor/a, electricista e fontaneiro/a.

 

Mes de xullo:

-          Primeira quincena:

 

Listas provisionais de psicólogo/a clínico/a, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, médico/a do traballo, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

 

-          Segunda quincena:

Listas provisionais de enxeñeiro/a técnico/a; grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa; técnico/a superior e técnico/a de grado medio de prevención de riscos laborais; grupo técnico, grupo de xestión e técnico superior en sistemas e tecnoloxías da información.

 

Mes de agosto: non haberá publicacións

 

Mes de setembro:

 

-          Listas definitivas de psicólogo/a clínico/a, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, médico/a do traballo, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

 

-          Listas definitivas de enxeñeiro/a técnico/a; grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa; técnico/a superior e técnico/a de grado medio de prevención de riscos laborais; grupo técnico, grupo de xestión e técnico superior en sistemas e tecnoloxías da información.

 

            Enfermeira/a especialista en pediatría: Informan de que van a publicar as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, previsiblemente en xullo ou setembro.

 

Ver CIG INFORMA

 
A folga das TCAE do Ávaro Cunqueiro de Vigo quenta motores co apoio de todos os colectivos profesionais do hospital Imprimir Correo-e
EOXI
Mércores, 13 Xuño 2018 10:49

Centos de empregados/as do centro médico mobilizáronse este martes en solidariedade coa loita das auxiliares de enfermaría.

ProtestaTCAEcunqueiroVigo


Traballadores/as pertencentes a todos os colectivos profesionais do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigoparticiparon este martes na mobilización convocada pola comisión de centro en apoio da loita das Técnicos/as en Coidados Auxiliares/as de Enfermaría (TCAE) para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI de obrigalas/os a asumir o traslado das bolsas da roupa sucia, función que até o de agora realizaba a concesionaria. O colectivo de TCAE ten convocadas catro xornadas de folga para os vindeiros días 18, 21, 25 e 28 de xuño.

 

Noticia en Avantar

 
Concentracións 12 e 14 de xuño Imprimir Correo-e
EOXI
Venres, 08 Xuño 2018 08:25

Cartaz-12-14X-Titan

 
Curso Formación sobre alimentación 21 e 22 de xuño Imprimir Correo-e
Formación
Xoves, 07 Xuño 2018 09:58

Curso-Alimentacion-21-22-Xuno-2018

 
Intolerable actitude da Dirección da EOXI de Vigo no conflito coas TCAE Imprimir Correo-e
CHUVI
Luns, 14 Maio 2018 09:31

CIG-Saúde considera intolerable a actitude da Dirección da EOXI de Vigo no conflito de competencias xurdido pola imposición do transporte de bolsas de roupa sucia ás Auxiliares de Enfermaría (Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría, TCAE) no Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

TCAE-imaxeA Xerencia da EOXI de Vigo ven de demostrar coas últimas declaracións feitas na prensa que lonxe de quere solucionar este conflito opta por desacreditar a un colectivo cuxa profesionalidade está de sobra demostrada.

 

Consideramos dunha enorme irresponsabilidade que o máximo responsable da área sanitaria viguesa se dedique a difundir nos medios de comunicación información para desacreditar a un colectivo de máis de 500 persoas.

 

O incremento da tensión creada polo intento da Dirección de impedir expresar o desacordo das Auxiliares de Enfermaría con esta nova desafortunada decisión non fai máis que complicar a solución do conflito.

 

Por todo isto non consideramos á actual Xerencia un interlocutor válido para resolver este conflito e como Comisión de Centro vimos de solicitar, con carácter urxente, unha reunión co Conselleiro de Sanidade.

 

Consideramos que este conflito é consecuencia do modelo sanitario escollido polo goberno de Partido Popular, que ben a demostrar dúas cousas de suma gravidade: a primeira a súa aposta pola privatización dos servizos públicos esenciais e a segunda a súa incapacidade de xestionar os numerosos conflitos xurdidos neste hospital como consecuencia desa privatización, un bo exemplo son as graves incidencias xurdidas na esterilización polas que seguimos agardando responsabilidades.

 

Estamos nunha situación de secuestro dun servizo público por parte dunha empresa privada coa permisividade da administración. A Empresa concesionaria ten secuestrada á administración pública.

 

O persoal da empresa de limpeza, subcontratada pola Empresa Concesionaria, que traballa no Hospital Álvaro Cunqueiro, levaba máis de un ano denunciando que non tiña persoal suficiente para facer o seu traballo, e que ademais facía funcións que non estaban no prego de condicións licitado polo SERGAS (a recollida de bolsas de roupa sucia). Despois de intentar unha negociación coa Empresa Concesionaria e coa Xerencia do SERGAS, que se negou a falar do tema, obtiveron un laudo que recoñece que non tiñan entre as súas funcións realizar este traballo.

 

A Dirección da EOXI, que coñecendo o problema preferira mirar para outro lado durante máis de un ano decide, dun día para outro, que esa función a asuman as, xa sobrecargadas, Auxiliares de Enfermaría.

 

Unha vez máis, a Dirección do SERGAS prefire pregarse aos intereses da Empresa Concesionaria e non presionala para que continúe a realizar esa función, co persoal que estime convinte, xa que por esta e máis tarefas recibe unha gran suma de cartos cada ano. Parece que lle resulta máis fácil presionar ao seu persoal, mediante ameazas e difundindo noticias na prensa que non representan as actuacións reivindicativas da inmensa maioría do persoal.

 

CIG-Saúde denuncia a incapacidade da Dirección da EOXI de Vigo de anticiparse ao problema e negociar unha solución, e de incrementar o conflito coas súas decisións, como as aperturas de expedientes sancionadores ao persoal de plantilla e das listas de contratacións.

 

CIG-Saúde esixe da Dirección do SERGAS e do propio Conselleiro de Sanidade, que ao final é o responsable da licitación realizada, que devolva esa función á Empresa Concesionaria e que permita que as Auxiliares de Enfermaría poidan dedicar o seu tempo de traballo ao coidado das e dos pacientes.

 
Conflito TCAEs e xerencia da EOXI de Vigo polo traslado das bolsas de roupa sucia. Imprimir Correo-e
CHUVI
Mércores, 09 Maio 2018 12:12

 

Dende o mércores 2 de maio a concesionaria que xestiona os servizos privatizados do hospital Álvaro Cunqueiro deixou de transportar as bolsas de roupa sucia dende a entrada das habitacións como viña realizando ata dito día dende que abriu o hospital. Dende ese día a xerncia da EOXI de Vigo tomou unilateralmente a decisión de que esa taréa a realizaran as TCAEs, provocando con esta decisión un conflito con este persoal. A partir do 2 de maio o persoal comezou movilizacións diarias para esixir que a esa tarefa non repercutira na súa labor xa que consideran non é función delas e porque repercute na atención que se lle presta ás usuarias/os.

Bolsas-TCAEs

Dende a Comisión de Centro estase a esixir á dirección que a situación se revirta e non recaiga sobre as TCAEs como se viña facendo ata o de agora.

 

Consideramos que a Xerencia da EOXI de Vigo, unha vez mais, está ao servizo da concesionaria.

Esta nova carga de traballo que se lle impuso as TCAEs aparte da sobrecarga, resta tempo para unha correcta asistencia ás pacientes.

 

Ante todas estas decisións de imposición por parte da dirección do SERGAS o persoal convoca a todo o persoal a seguir concentrandose todos os días ás 12 horas diante da dirección no hospital Álvaro Cunqueiro, un peche de 24 horas que comenzará o xoves 10 de maio ás 12 horas e outro o martes 15 de maio tamén as 12 horas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>