facebook     twitter

gripe
eu-galego
CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a maior transparencia na xestión do proceso do Coronavirus. Imprimir Correo-e
Inicio
Domingo, 08 Marzo 2020 09:34
  • Demanda información e formación para todo o persoal do SERGAS, e a dotación necesaria dos EPIs (equipos de protección individual).

 

  • Tamén esixe do SERGAS o correcto comportamento coas/os profesionais da Sanidade Pública.

 

O persoal do SERGAS está actuando, tal e como se caracterizou sempre, coa maior profesionalidade, cumprindo as indicacións das/os expertos para manterse en situación de activo e poder dar a asistencia que se requira.
Como o resto de persoas, xa hai traballadoras/es en illamento preventivo, polo tanto en situación de incapacidade laboral.
CIG-SAÚDE esiximos que esta incapacidade laboral teña a consideración de continxencia profesional a todos os efectos, dende o inicio do período de observación.
Esiximos que naquelas/es traballadoras/es que resulten infectadas/os, a situación de incapacidade teña a consideración de enfermidade profesional.
Así o comunicou a Directora de RRHH na reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde do día de hoxe.
CIG-SAÚDE esiximos do SERGAS que todo o persoal afectado, perciba íntegras as súas retribucións. Estamos a falar das retribucións correspondentes á atención continuada: noites, domingos, festivos e gardas, que só se perciben se hai unha prestación efectiva das mesmas.

O persoal contratado que estea en illamento, e que cese no contrato, deberá ter a consideración de situación en activo, a todos os seus efectos: cómputo de servizos prestados.
Estes dúas cuestións serán abordadas na próxima Mesa Sectorial de Sanidade.
Agardamos que o SERGAS e a Consellaría de Sanidade, recoñezan o esforzo das/os profesionais, faciliten o seu traballo e non penalicen as situacións de incapacidade laboral.
 
8 de marzo día da muller Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 04 Marzo 2020 09:01

8-marzo-2020

 
10 de marzo día da clase obreira galega Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 04 Marzo 2020 08:40

Mani-10-marzo-2020

 
O SERGAS ten secuestrado o traballo dos 250 expertos dos grupos de traballo de atención primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 04 Marzo 2020 08:49

CIG-SAUDE-logo

CIG-Saúde exixe a súa inmediata remisión ás organizacións integrantes do Consello Técnico

 

CIG-SAÚDE vén de demandar que, de inmediato, o SERGAS envíe a todas as organizacións que integran o Consello Técnico de Atención Primaria, as conclusións dos grupos de traballo, compostos por 250 profesionais da atención primaria, que levan debatendo en distintas  comisións desde o ano  2019 a situación.

 

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembra que tras da convocatoria de  folga do 8 de abril de 2019, creouse o Consello Técnico de Atención Primaria. “Deste Consello naceron 15 comisións de traballo, nas que de forma altruísta, e  motivadas/os  pola defensa da Atención Primaria Galega, 250 profesionais da sanidade pública traballan en distintas comisións para analizar e presentar propostas de mellora de cara a deseñar un Plan de Atención Primaria que dea respostas ás necesidades asistenciais e laborais. É dicir para que, desde a atención primaria, se dea unha resposta asistencial axeitada as necesidade da poboación e baseada na evidencia científica”.

 

 A derradeira reunión do Consello Técnico de Atención primaria, celebrouse o día 12 de decembro de 2019, e desde aquela data non se volveu recibir ningunha documentación das comisións de traballo.

 

Para Abuín “é lamentable, que o SERGAS se apresurase a publicar as conclusións do grupo de traballo dos 11 expertos que eles contrataron, mentres ten secuestrado o traballo das comisións de expertos da Atención Primaria Galega”.

 

Por iso a CIG-Saúde exixe do SERGAS que publique de inmediato as conclusións de traballo dos grupos de: matronas;  fisioterapeutas; enfermaría; medicas e médicos de familia; coordinación entre niveis de atención primaria e hospital; farmacéuticas e farmacéuticos; promoción, prevención e intervención comunitaria e análises demográfico, entre outros.

 

Silenciar a voz das e dos profesionais

“Se o SERGAS intenta  silenciar a voz das/os profesionais, non publicando as conclusións destas/es expertos, o que está a pór de manifesto é que nunca tivo interese en facer un Plan  de Atención Primaria en consenso cos profesionais”, denuncia a secretaria nacional.

 

CIG- SAÚDE reitera a súa petición de que se publiquen de inmediato as conclusións dos grupos de expertos,  e que se convoque unha reunión do Consello Técnico de Atención Primaria para analizar as proposta e por prazos de execución das mesmas.

 

Lémbralle ao SERGAS que o que se disolveu foi o Parlamento, mais que a Administración ten que seguir funcionando e “non pode estar ao servizo dos interese políticos do partido do goberno”.

 

Nese sentido María Xosé Abuín conclúe que “a sanidade galega, a atención primaria e a poboación non poden seguir soportando a neglixencia do SERGAS”.

 

CIG informa pdf

 
Cursos online mes de marzo Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 03 Marzo 2020 08:30

MARZO 2

CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NO SECTOS SANITARIO. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/55,c-10

VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ABORDAXE EN INSTITUCIÓNS SANITARIAS. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/15,c-10

IGUALDADE DE XÉNERO E SAÚDE. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/77,c-10

FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/74,c-44

OPERACIÓNS BÁSICAS NA COCIÑA HOSPITALARIA. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/80,c-45

FUNCIÓNS DO/A CELADOR EN QUIRÓFANO. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/14,c-44

 
Publicación baremación definitiva da fase de concurso da OPE de diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 20 Febreiro 2020 21:36

O mércores 19 de febreiro publicouse no DOG as baremacións definitivas da fase de concurso, e aspirantes seleccionados/as da OPE de diversas categorías:

Ope

 

Prazo de UN MES para presentar a seguinte documentación (do 20 de febreiro ao 20 de marzo):

- Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

 

- Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

 

- Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na sua falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

 

- Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

 

- Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar  orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

 
Publicacións plantilla de respostas provisionais OPE de diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 12 Febreiro 2020 09:33

 

O luns 10 de febreiro publicaronse na páxina web do SERGAS os exames  e as plantillas de respostas provisionais dos exames de OPE da pasada fin de semana.


 Ope

 

Persoal de servizos xerais

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental

Fisioterapeuta

 

Prazo de reclamacións: 5 días hábiles (ata o 17 de febreiro de 2020).

 
Curso online mes de febreiro Imprimir Correo-e
Formación
Xoves, 06 Febreiro 2020 08:17

 

Inscríbete en https://costalugoformacion.es/gl/cursos-ciga

Prezos especiais para afiliados/as


IGUALDADE E SAÚDE

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>