facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Chove e chove e volve a chover... Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Mércores, 05 Febreiro 2014 09:49

 

Chove sobre mollado, no Hospital do Meixoeiro cada día aparecen mais focos de humidades e goteiras, agora tamén gotea no almacén dos quirófanos como podemos ver nas imaxes. Nun área tan sensible como o quirófano deberíanse tomar medidas inmediatas para solucionar este problema. Parece que o SERGAS non ten moita presa e intención de arranxar estes problemas de “naufraxio” que padece este hospital.

 

 

Parece ser que fixeron unha “reparación”… na habitación 320 para ser dada de alta e ser ocupada de novo, pintouse, selláronse as fugas e ocupouse con doentes pola mañá, pola tarde tívose que evacuar de novo a habitación porque as augas volveron ao seu cauce …

Goteiras-quirofano


 

Neste momento mais de 25 camas seguen pechadas por abandono intencionado por parte do SERGAS. Pero para que reparar habendo camas na sanidade privada.

 

Os parches non resolven o problema de base. Señores do SERGAS  deixen de racanear en problemas básicos e deixen de gastar miles de euros en salarios innecesarios a enchufados que tiveron cargos no SERGAS con anterioridade, pero de isto xa falaremos noutra ocasión.