facebook     twitter

gripe
eu-galego
A Comisión de Centro en contra do borrador de cambio de quendas da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 08 Febreiro 2018 13:18

 

O 18 de xaneiro de 2018 a dirección da EOXI de Vigo enviou un borrador para regular os cambios de quenda do persoal da EOXI de vigo que foi rexeitado pola Comisión de Centro.

Esta foi a contestación da Comisión de Centro á Dirección sobre a proposta do documento:

 

"A Comisión de Centro reunida a día 25 de xaneiro do 2018 manifesta o seu absoluto  rechazo á proposta de "Resolución polo que se establece o procedemento  para a tramitación e xestión de cambios de quenda” presentado pola Xerencia da EOXI de Vigo.

 

Dita resolución lonxe de pretender regular o procedemento de cambios de quenda os limita constituindo  un agravio para as traballadoras e traballadores desta EOXI que realizan tarefas nun réxime de quendas xa bastante lesivo.

 

Esta Comisión de Centro da EOXI de Vigo asixe a retirada desta proposta.

 

Vigo 26 de xaneiro de 2018."

 

Despois da polémica creada sobre o documento de cambio de quenda, o venres 9 de febreiro a dirección da EOXI de Vigo nos informa que dito documento non está asinado mentras non se negocie. A Comisión de Centro xa lle manifestou á dirección o seu rexeite a tal documento.