facebook     twitter

gripe
eu-galego
A folga das TCAE do Ávaro Cunqueiro de Vigo quenta motores co apoio de todos os colectivos profesionais do hospital Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 13 Xuño 2018 10:49

Centos de empregados/as do centro médico mobilizáronse este martes en solidariedade coa loita das auxiliares de enfermaría.

ProtestaTCAEcunqueiroVigo


Traballadores/as pertencentes a todos os colectivos profesionais do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigoparticiparon este martes na mobilización convocada pola comisión de centro en apoio da loita das Técnicos/as en Coidados Auxiliares/as de Enfermaría (TCAE) para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI de obrigalas/os a asumir o traslado das bolsas da roupa sucia, función que até o de agora realizaba a concesionaria. O colectivo de TCAE ten convocadas catro xornadas de folga para os vindeiros días 18, 21, 25 e 28 de xuño.

 

Noticia en Avantar