facebook     twitter

gripe
eu-galego
INSTRUCIÓNS PARA AUSENTARSE DO POSTO DE TRABALLO DURANTE A XORNADA LABORAL Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 31 Outubro 2018 09:39

 

Dende a Xerencia da EOXI de Vigo envían instrucción sobre como regularizar as ausencias do persoal durante a xornada laboral.

 

Toda ausencia, de acordo coa normativa vixente, require unha solicitude de permiso e a súa autorización. Se durante a xornada de traballo xurde unha urxencia familiar o traballador debe solicitar o permiso, sendo imprescindible a autorización do responsable para ausentarse.


Nos servizos e unidades considerados esenciais non cabe o abandono do posto de traballo sen que, en caso de presenzas mínimas, se produza a substitución correspondente.


Nos casos nos que o permiso deba denegarse por razóns asistenciais prioritarias, a denegación será emitida por escrito e debidamente xustificada tendo en conta as circunstancias concorrentes na solicitude do permiso (tipo de permiso, grao de parentesco, dependencia e deberes de protección dos familiares de acordo coa normativa civil) o número de presenzas e nas necesidades organizativas e asistenciais.


Lémbrase que segundo recolle o artigo 72.2. da lei 55/2003 de 16 de decembro do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, tanto o abandono do servizo como o incumprimento das súas funcións ou das normas reguladoras do funcionamento dos servizos, constitúen falta disciplinaria grave ou moi grave.

 

INSTRUCCIÓN