facebook     twitter

gripe
eu-galego
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 3 DE MAIO DE 2019. Imprimir
Inicio - Outras novas
Mércores, 08 Maio 2019 07:13

 

1.- Dotación de prazas no ámbito de atención primaria.


 

2019

2020-2021

TOTAL

MÉDICO/A DE FAMILIA

12

68

80

PEDIATRA DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

20

20

FARMACÉUTICO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

4

4

ENFERMEIRO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

25

105

130

FISIOTERAPEUTA

8

32

40

MATRÓN/A

 

20

20

TRABALLADOR/A SOCIAL

 

14

14

TOTAL

45

263

308

 

Estas son as prazas que ofreceu o Sergas e que serán aprobadas polo consello da Xunta no mes de maio. Esas vacantes ofertaranse a través da lista de contratacións no mes de xuño.

 

Dende CIG-SAÚDE rexeitamos a proposta porque non podemos verificar que o cadro que se nos presenta é un aumento de persoal na atención primaria. O SERGAS segue a actuar de mala fe negándonos a información que corresponde. Nin sequera quixeron dicirnos en que EOXI se van a cubrir as prazas do ano 2019. Na reunión anterior de mesa sectorial do día 26 de abril, solicitamos que se nos facilitara un censo de traballadores/as de atención primaria para poder comprobar as prazas vacantes producidas desde o ano 2010, as prazas cubertas en OPE e traslados e as prazas cubertas por persoal eventual. Para así poder verificar se existe un incremento real no cadro de persoal, ou se pola contra están a cubrir as prazas vacantes que se amortizaron non últimos anos.

 

Dende CIG-Saúde denunciamos as categorías que faltan e que non van ter incremento de persoal no período 2019-2021.

A meirande parte dos sindicatos aceptaron como positivo este “incremento de prazas”.

 

2.- Contrato de precari@s.


Tal e como se acordou o día 8 de abril, volven a "negociarse" na mesa sectorial as condicións laborais do contrato de precari@s.

 

O día anterior, o SERGAS convocou unha reunión con CSIF, CESM, OMEGA, UGT e SATSE, OOSS asinantes do devandito contrato e que forman parte da comisión de seguimento do mesmo.

 

Nesa reunión non fixeron ningunha interpretación do contrato, só matizaron o xa acordado, e non muda as condicións de precariedade do contrato. O mais grave é que manteñen que as novas prazas que se creen se farán no ámbito deste contrato, iso si, previo paso pola comisión de seguimento.

 

Á Mesa Sectorial traen para "negociar" un documento pechado e acordado o día anterior só para que nos sumaramos. Isto non é negociar.

 

Dende CIG-Saúde rexeitamos ese acordo porque segue a manter, entre outras cousas, a base sétima do nomeamento, que recolle que as próximas prazas se van crear neste ámbito, é dicir, prazas con máis de 1 centro e incluso que poden ser de distrito.

 

3.- Condicións laborais do persoal de PACs.

Desde CIG-SAÚDE manifestamos que estamos a agardar pola decisión do persoal de PACs. O día 8 de maio celébrase a consulta e con posterioridade teremos o resultado.

Preguntámoslle á directora de RRHH se estaría o SERGAS disposto a retirar da súa proposta o punto 4.- Computo de xornada, ao que respondeu que si. Pero que se do documento desaparece o punto 4, o SERGAS vai seguir facendo os cómputos como os fai agora, é dicir, seguirá prexudicando os/as traballadores/as.

 

4.- Outros temas.

O SERGAS comunicou aos centros que soliciten ao persoal de enfermaría que incorporen no FIDES o título de enfermeira especialista en pediatría. Está previsto que na primeira semana de xuño se convoque a comisión técnica de enfermeiras/os especialistas.