facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicacións plantilla de respostas definitivas e lista provisional de puntuación da fase de oposición da categoría de celador/a Imprimir
OPE - OPE
Xoves, 09 Maio 2019 10:11

 

O xoves 9 de maio publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Publícase o modelo definitivo de respostas das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral así como as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes nesta fase de oposición.

Ope

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles (do 10 ao 16 de maio de 2019) seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.