facebook     twitter

gripe
eu-galego
Adeus Félix adeus Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 05 Xullo 2019 15:48

 

Diante da noticia do cambio de Xerente da EOXI de Vigo, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

Logo-CIG-Saude-Vigo

Os problemas da nosa área sanitaria non se resolven cambiando ás persoas que executan as políticas sanitarias da Consellería de Sanidade, a solución pasa por realizar políticas sanitarias diferentes.

É certo que o perfil do Xerente que deixa o cargo xeraba en este momento un rexeitamento maioritario que dificultaba calquera posibilidade de negociar unha saída ao actual conflito que afecta ás e os profesionais da Atención Primaria. Por esta razón a solicitude da súa dimisión ou cese encabezaba a táboa reivindicativa da Atención Primaria.

A Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo está nunhas condicións de gravidade que non se dan noutras áreas e que precisan medidas especificas con carácter urxente.

A posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro e a reorganización da area sanitaria, con menos recursos asistenciais dos inicialmente previstos tamén provocou dificultades da atención hospitalaria para dar resposta ás necesidades da cidadanía de referencia, como se demostra co mantemento das listas de espera e coas dificultades de acceso dos pacientes remitidos desde a atención primaria.

O cambio de Xerente so sería unha boa noticia para a nosa área sanitaria se viñera acompañado de verdadeira vontade de negociar a posta en marcha das melloras urxentes que necesitamos, que non necesitan de profundos análises nin de opinións de supostos expertos, chega con escoitar as demandas realizadas en repetidas ocasións polos profesionais.


O novo xerente é Julio Garcia Comesaña, vello coñecido por xa ter ostentado cargos na EOXI de Vigo. Dende marzo de 2018 foi xerente da EOXI de Ourense logo de exercer como director asistencial na EOXI de Vigo.

 

Julio-Comesana