facebook     twitter

gripe
eu-galego
Sobre a desconvocatoria de folga nos PACs Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Martes, 23 Xullo 2019 07:38


CIG-SAÚDE quere comunicar a todas/os as/os traballadoras/es a nosa sensación agridoce coa que se rematou o conflito de PACs, por non ter acadado un acordo sobre o cómputo de xornada.

 

O cómputo de xornada e a penalización sobre a xornada complementaria foi o principal motivo polo que se iniciou este conflito, é a maior perda retributiva do persoal de PACs. Polo que a CIG-SAÚDE non renuncia a seguir negociando co SERGAS até acadar un cómputo de xornada sen penalizacións. Nun acordo hai que valorar o que se consegue e o que se perde.

 

Sobre o acordo acadado manifestamos o seguinte:


Os puntos de acordo que onte se validaron polo comité de folga, son os mesmos que validou o comité anterior, o día 5 de febreiro de 2019, agás o da xornada. Polo que a CIG-SAÚDE quere recoñecer o traballo realizado por este comité; Elisa, Carlos, Pilar, Gerardo... parabéns polo traballo realizado. Fostes capaces de que o SERGAS recoñecese os vosos dereitos.

 

A única diferencia co traballo do comité anterior é a porcentaxe do valor da atención continuada. Naquelas datas o SERGAS ofrecía o 50% en dúas anualidades, tema que non estaba pechado.

 

CIG-SAÚDE non se apropia do traballo de ninguén, durante todo este tempo reivindicamos que o valor da atención continuada non se podía calcular sobre o 20% dos complementos de noites e festivos do ano 2008, se non que había que solicitar a equiparación cos actuais valores do que perciben as/os médicas/os de urxencias hospitalarias e enfermeiras/os do hospital e así o conseguimos.

 

CIG-SAÚDE, reiteradamente, estivo publicando os valores da atención continuada que debía percibir o persoal de PACs, con anterioridade ao acordo acadado o día 17 de xullo de 2019.

 

A folga foi desconvocada sen facer consulta previa por entender o comité de folga que estaba lexitimado para facelo polas consultas anteriores.

 

Rematado o traballo do comité de folga, reiteramos os nosos parabéns para todas as traballadoras e traballadores que participaron no conflito.

 

A loita polos dereitos das traballadoras e traballadores de PACs continúa, e a CIG-SAÚDE continuará nela, sempre tratando de representar o sentir da maioría do persoal de PACs.


Acta de acordo do comité de folga do 17 de xullo de 2019.