facebook     twitter

gripe
eu-galego
Denuncia avaliación de riscos laborais da EOXI de Vigo nos centros de saúde Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Xoves, 22 Agosto 2019 09:01


CIG-Saúde denuncia que a EOXI de Vigo non avaliou o risco psicosocial real en Atención Primaria e demanda a posta en marcha dunha verdadeira AVALIACIÓN dos riscos psicosociais e que se tomen as medidas oportunas para a súa corrección.


Unha vez coñecida a avaliación realizada ao Centro de Saúde Pintor Colmeiro, CIG-Saúde presentou un escrito, dirixido á UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DA EOXI VIGO e á XERENCIA DA EOXI DE VIGO, con data 9 de agosto de 2019, no que denunciaba o incumprimento da lei de prevención de riscos laborais, por non ter feito unha avaliación dos riscos reais aos que están sometidos as e os profesionais da Atención Primaria.

 

No escrito, que se adxunta, CIG-Saúde recolle o marco legal que obriga a avaliar este tipo de risco e describe os aspectos que non foron tidos en conta na avaliación presentada pola Xerencia da EOXI de Vigo.

 

CIG-Saúde considera que coa avaliación presentada non se está a cumprir a lei, polo que reclama a realización dunha verdadeira avaliación que contemple os riscos reais e que que se poñan en marcha as medidas correctoras.

 

É responsabilidade da Xerencia da EOXI de Vigo proporcionar os mecanismos necesarios para que os seus traballadores (médicas/os de familia, pediatras, enfermeiras/os, PSXs, TCAEs, fisios, odontólogas/os, hixienistas, farmacéuticas/os, traballadoas/es sociais, matronas, celadoras, etc.) poidan traballar con seguridade, comodidade, calidade, etc. minimizando os riscos para elas e eles e tamén para a cidadanía.


Denuncia informe saúde laboral EOXI Vigo