facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Falta de espacio en anatomia patolóxica Meixoeiro Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Luns, 16 Novembro 2009 20:22

Anatomia-meixoeiro

 

 

As condicións de traballo do persoal de anatomía patolóxica do hospital do Meixoeiro non reúne as condicións axeitadas pola falta de espazo na sala onde se realizan a clasificación de mostras. En dita sala non hai ventilación suficiente coa conseguinte inhalación de gases (formol), as mostras se acumulan onde se pode, iso si, clasificadas e controladas polas TEAP (Técnico Especialista en Anatomía Patolóxica). Ante esta situación CIG-SAÚDE vai presentar denuncia ante a inspección de traballo por parte dos responsables de prevención de riscos laborais.

Este problema xa é coñecido pola Dirección do centro e de momento non se buscou solución a esta situación caótica.

As imaxes que expomos foron realizadas o 16 de novembro de 2009 e mostran as mostras colocadas por toda a sala en todo tipo de superficies.

Prensa 18-11-2009 boton