facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Perigo de caída de árbore Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Luns, 13 Setembro 2010 16:25

arbore-meixo

 

CIG-SAÚDE puso en coñecemento da xerencia do CHUVI o perigo que supón unha árbore que leva seca varios anos, trátase dun eucalipto de grandes dimensións que se atopa preto da entrada de consultas externas no Hospital do Meixoeiro.

 

O 19 de agosto enviamos un escrito á xerencia para que pusera en coñecemento da administración competente tal perigo para que retiren dita árbore dada a proximidade do outono e dos posibles temporais que podan por en perigo tanto danos materiais como humanos en caso de caía  da árbore ou dalgunhas ramas.

 

Xusto debaixo da árbore se atopa un lugar de aparcamento de vehículos.

 

Esperemos non ter que lamentarnos. Por advertilo que non quede.