facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Tala da árbore seca no H. Meixoeiro Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Xoves, 23 Setembro 2010 14:59

 

arbore-tala

 

Logo de que CIG-SAUDE puxera en coñecementos da dirección do CHUVI o risco de caída dun eucalipto seco sobre instalacións sanitarias e vehiculos no Hospital do Meixoeiro, a árbore foi talada a media altura, deixando so a parte do tronco e sen ramas. Con esta actuación ponse fin a dito risco e nos congratulamos da dilixencia en solucionalo logo da advertencia feita por CIG-SAUDE. De todos os xeitos sería convinte a tala completa para evitar o mínimo risco.