facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Benedicto XVI non grato... Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Venres, 05 Novembro 2010 13:00

Benedicto-cig

 

Como moit@s saberedes, o edificio sindical da CIG en Santiago está situado en San Lázaro, por onde transcurrirá a "comitiva" do papamobil. Como na CIG somos educad@s, quixemos facerlle chegar unha mensaxe a Benedicto XVI e puxemos esta pancarta no alto do edificio, para que a vira ben.

 

Pancarta da CIG en protesta contra a visita do Pa Pa

 

Para o secretario comarcal da CIG, “non é de recibo” que todos os veciños e veciñas teñan que sufrir “unha especie de prisión” para garantir os privilexios dunha persoa e propón que se a visita do Papa “supón un perigo tan grande para os composteláns” “ que “acuda ao monte do Gozo ou a outro lugar ás aforas da cidade, que sexa el quen teña que ver limitados os seus movementos e non toda a cidade”.

 

A central sindical nacionalista lembra que non se adoptaron medidas nin “remotamente similares” cando viñeron outros xefes de estado e/ou personalidades. Como mostra sinalan que “noutras visitas papais, nin de lonxe foron estas as medidas adoptadas, como tampouco se deron situacións deste tipo cando se celebraron en Compostela cumios europeos”.

 

A CIG salienta que as limitacións chegan a tal punto que “todas e todos somos sospeitosos e polo tanto pódesenos requirir identificación sen ningún tipo de argumentación”.

 

Todo controlado en Santiago, paos santos policiais  como penitencia aos que protestaron contra a visita do Papahostias, saqueo das pancartas en contra da vacación papal nas ventanas dos edificios particulares por parte dos mercenarios represivos.

 

A cadea e a cruz de ouro que leva o Papa colgada canto costa?

 

Vivan os votos de pobreza

 

VIVA A SANTIDADE E A OSTENTACIÓN

 

Ao persoal recúrtannos os salarios, pero para Benedicto hai cartos a esgalla. Non ao despilfarro de fondos públicos e ao recorte de liberdades. Benedicto, NON ES BENVIDO!


Non ao despilfarro dos fondos públicos e o recorte das liberdades


Con esta visita imos de "cu"...

 

Coidadín cos pederastas