facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

ALTO AO PASO!!!! Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Mércores, 26 Xaneiro 2011 11:07

Unha sorpresa nos atopamos na entrada do Hospital do Meixoeiro estes días, resulta que están colocando unha xardineira diante da entrada principal que vai impedir que persoas con dificultades de mobilidade, que veñan en coche, podan ser transportadas en cadeira de rodas ou outros medios de axuda para a súa mobilidade, non sabemos a quen se lle ocorreu semellante idea nin que intencións terán con tal medida. Ese espazo non prexudica a ninguén e resulta útil para os usuarios e usuarias, polo que non entendemos tal medida.

Un gasto inútil en tempos de crise.

 

Aí queda a foto denuncia.

 

xardineira-entrada-meixoeiro