facebook     twitter

gripe
eu-galego
Xeral
Diante da convocatoria de folga dos días 27 e 28 de novembro dos profesionais de medicina de familia e pediatría de Atención Primaria, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte: Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Luns, 25 Novembro 2019 11:13


Desde CIG-Saúde reiteradamente vimos denunciando o desmantelamento da atención primaria, a falta de orzamento e a súa subordinación aos obxectivos hospitalarios. E o mais grave, a eliminación de postos de traballo coa amortización de prazas nos últimos anos. 


Tamén vimos denunciando o grave problema que supón o importante número de xubilacións de persoal facultativo que se van a producir e a falta de planificación da Administración sanitaria para dar unha resposta que garanta a continuidade asistencial, en condicións de dignidade para a cidadanía e as e os profesionais.


Xa temos manifestado que a situación na que se atopa a Atención Primaria precisa que se tomen medidas urxentes, mediadas esixidas, reiteradamente, por todos os colectivos profesionais de atención primaria, chegaría con que a Consellaría de Sanidade escoite as demandas das/os profesionais.

folga

A Consellería de Sanidade, se quere demostrar que aposta pola Atención Primaria, ten que:


  • Modificar os orzamentos presentados e incrementar a cantidade dedicada á Atención Primaria para dar cumprimento ás propostas dos grupos de traballo.

  • Modificar o Decreto que regula as Areas Sanitarias e os Distritos Sanitarios para crear unha verdadeira estrutura de xestión da Atención Primaria.

  • Negociar un verdadeiro plano de Ordenación de RRHH que de resposta ás necesidades actuais e futuras de tódalas categorías da nosa Atención Primaria.

  • Crear prazas novas nos Centros de Saúde que viven situacións máis críticas, en cantidade suficiente para que repercuta no tempo da atención e na calidade asistencial.

  • Incorporar novos colectivos de profesionais para dar unha asistencia integral desde a atención primaria

  • Desenvolver a carteira de servizos de todos os colectivos.

CIG-Saúde entende que a convocatoria de folga é a resposta das/os profesionais ante o desmantelamento da atención primaria que está a provocar a Consellería de Sanidade, medida que esixe unha solución global para toda a Atención Primaria.


Por todo isto, desde CIG-Saúde apoiamos esta mobilización. E apoiaremos todas as mobilizacións que se fagan en defensa da sanidade pública, e en contra das políticas que provocan que as/os profesionais non poidan realizar un traballo de calidade. A poboación tamén ten que participar das mobilizacións xa que o que está en perigo é a súa saúde.


CIG-Saúde comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo e convocando as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.

 

 

25 de novembro de 2019

 
O informe de expertos sobre Atención Primaria, feito á carta para o SERGAS?... Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Luns, 18 Novembro 2019 07:47

O SERGAS non pode desprezar o traballo de máis de 250 profesionais da sanidade publica nin seguir a dar voltas sen tomar medidas concretas que melloren a situación crítica da Atención Primaria.


Na actualidade máis de 250 profesionais da sanidade publica están a traballar en diferentes comisión creadas desde o Consello Técnico de Atención Primaria, persoas que de forma desinteresada están a por o seu tempo e coñecemento ao servizo da sanidade pública.

 

O único interese é a súa aposta por un novo modelo de atención primaria que de resposta ás necesidades de saúde da poboación de Galiza. E remate coa situación laboral que soportan.


Por iso, desde CIG-SAÚDE non entendemos as presas da Consellaría de Sanidade en publicar o traballo encomendado a un “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA”, denominados así pola consellaría, como se as/os profesionais da sanidade pública non merecesen con maiúscula ser cualificados como EXPERTAS/OS.


Como afirma a Consellaría de Sanidade, o grupo de expertos creouse por acordo entre a Consellaría, os Colexios Profesionais e as sociedades científicas. CIG-SAÚDE agarda que estes amosen o mesmo respecto e interese polo traballo que están a facer os expertos da sanidade pública nas comisión de traballo.

 

No referente ás conclusións do “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA” CIG-Saúde quere manifestar que é posible que se a Consellería de Sanidade escoitara máis non necesitaría grupos de expertos:


 

Cadro-expertos-primaria

 

Algunhas das conclusións que se recollen no traballo do grupo de expertos son as mesmas que, dende o ano 2010, vimos denunciando desde a CIG-SAÚDE e desde outras organizacións.


Hai outras conclusións, como a eliminación dos Puntos de Atención Continuada (PACs), que cuestionan o modelo de Atención Primaria que defendemos e que suporían un importante paso atrás tanto para as e os profesionais como para o servizo que se presta á cidadanía.

 

Reiteradamente, vimos denunciando o desmantelamento da atención primaria, a falta de orzamento, a súa subordinación aos obxectivos hospitalarios. E o mais grave, a eliminación de postos de traballo coa amortización de prazas nos últimos anos.

 

Tamén vimos denunciando que no ano 2020 vanse producir un número importante de xubilacións de persoal facultativo, das/os que na actualidade están a prorrogar a súa vida laboral e que no próximo ano cumpriran 70 anos, disto ninguén fala, pensan que ocultando o dato vaise solucionar por si só.


A Consellería de Sanidade, se quere demostrar que aposta pola Atención Primaria, ten que:


  • Modificar os orzamentos presentados e incrementar a cantidade dedicada á Atención Primaria para dar cumprimento ás propostas dos grupos de traballo.

  • Modificar o Decreto que regula as Areas Sanitarias e os Distritos Sanitarios para crear unha verdadeira estrutura de xestión da Atención Primaria.

  • Negociar un verdadeiro plano de Ordenación de RRHH que de resposta ás necesidades actuais e futuras de tódalas categorías da nosa Atención Primaria.

  • Crear prazas novas nos Centros de Saúde que viven situacións máis críticas, en cantidade suficiente para que repercuta no tempo da atención e na calidade asistencial.


Se a Consellería de Sanidade non toma estas medidas de xeito inmediato, CIG-Saúde continuará denunciando a situación e presionando para que o faga.

 
Denuncia avaliación de riscos laborais da EOXI de Vigo nos centros de saúde Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Xoves, 22 Agosto 2019 09:01


CIG-Saúde denuncia que a EOXI de Vigo non avaliou o risco psicosocial real en Atención Primaria e demanda a posta en marcha dunha verdadeira AVALIACIÓN dos riscos psicosociais e que se tomen as medidas oportunas para a súa corrección.


Unha vez coñecida a avaliación realizada ao Centro de Saúde Pintor Colmeiro, CIG-Saúde presentou un escrito, dirixido á UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DA EOXI VIGO e á XERENCIA DA EOXI DE VIGO, con data 9 de agosto de 2019, no que denunciaba o incumprimento da lei de prevención de riscos laborais, por non ter feito unha avaliación dos riscos reais aos que están sometidos as e os profesionais da Atención Primaria.

 

No escrito, que se adxunta, CIG-Saúde recolle o marco legal que obriga a avaliar este tipo de risco e describe os aspectos que non foron tidos en conta na avaliación presentada pola Xerencia da EOXI de Vigo.

 

CIG-Saúde considera que coa avaliación presentada non se está a cumprir a lei, polo que reclama a realización dunha verdadeira avaliación que contemple os riscos reais e que que se poñan en marcha as medidas correctoras.

 

É responsabilidade da Xerencia da EOXI de Vigo proporcionar os mecanismos necesarios para que os seus traballadores (médicas/os de familia, pediatras, enfermeiras/os, PSXs, TCAEs, fisios, odontólogas/os, hixienistas, farmacéuticas/os, traballadoas/es sociais, matronas, celadoras, etc.) poidan traballar con seguridade, comodidade, calidade, etc. minimizando os riscos para elas e eles e tamén para a cidadanía.


Denuncia informe saúde laboral EOXI Vigo

 
Sobre a desconvocatoria de folga nos PACs Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Martes, 23 Xullo 2019 07:38


CIG-SAÚDE quere comunicar a todas/os as/os traballadoras/es a nosa sensación agridoce coa que se rematou o conflito de PACs, por non ter acadado un acordo sobre o cómputo de xornada.

 

O cómputo de xornada e a penalización sobre a xornada complementaria foi o principal motivo polo que se iniciou este conflito, é a maior perda retributiva do persoal de PACs. Polo que a CIG-SAÚDE non renuncia a seguir negociando co SERGAS até acadar un cómputo de xornada sen penalizacións. Nun acordo hai que valorar o que se consegue e o que se perde.

 

Sobre o acordo acadado manifestamos o seguinte:


Os puntos de acordo que onte se validaron polo comité de folga, son os mesmos que validou o comité anterior, o día 5 de febreiro de 2019, agás o da xornada. Polo que a CIG-SAÚDE quere recoñecer o traballo realizado por este comité; Elisa, Carlos, Pilar, Gerardo... parabéns polo traballo realizado. Fostes capaces de que o SERGAS recoñecese os vosos dereitos.

 

A única diferencia co traballo do comité anterior é a porcentaxe do valor da atención continuada. Naquelas datas o SERGAS ofrecía o 50% en dúas anualidades, tema que non estaba pechado.

 

CIG-SAÚDE non se apropia do traballo de ninguén, durante todo este tempo reivindicamos que o valor da atención continuada non se podía calcular sobre o 20% dos complementos de noites e festivos do ano 2008, se non que había que solicitar a equiparación cos actuais valores do que perciben as/os médicas/os de urxencias hospitalarias e enfermeiras/os do hospital e así o conseguimos.

 

CIG-SAÚDE, reiteradamente, estivo publicando os valores da atención continuada que debía percibir o persoal de PACs, con anterioridade ao acordo acadado o día 17 de xullo de 2019.

 

A folga foi desconvocada sen facer consulta previa por entender o comité de folga que estaba lexitimado para facelo polas consultas anteriores.

 

Rematado o traballo do comité de folga, reiteramos os nosos parabéns para todas as traballadoras e traballadores que participaron no conflito.

 

A loita polos dereitos das traballadoras e traballadores de PACs continúa, e a CIG-SAÚDE continuará nela, sempre tratando de representar o sentir da maioría do persoal de PACs.


Acta de acordo do comité de folga do 17 de xullo de 2019.

 
Apoio ás mobilizacións en Atención Primaria Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Sábado, 15 Xuño 2019 10:19

Nota-prensa-folga-_medica-primaria

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>