facebook     twitter

gripe
eu-galego
Contratacions xeral
CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias. Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Martes, 23 Xullo 2019 07:29

 

CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias.

 

Na reunión da mesa sectorial celebrada o venres 19 de xullo de 2019, abordouse o tema da “Extensión do nomeamento estatutario eventual de continuidade á categoría de enfermeira/o”.

 

CIG-SAÚDE esixiu a retirada deste tipo de nomeamento para médicas/os de primaria e enfermeiras/os por ser lesivo para as/os traballadoras/es, porque aumenta a precariedade laboral, a dispoñibilidade para o SERGAS e por crear unha fenda salarial neste persoal.

 

Este vínculo incorpora no cadro de persoal do SERGAS prazas fixas con condicións laborais precarias. As novas prazas fixas serán nas mesmas condicións que as dos contratos precarios.

 

CIG-SAÚDE esixe o mesmo tratamento para o persoal eventual que para o persoal fixo. É inadmisible que asinemos un acordo de mellora de condicións de persoal de PACs e pola contra se lles dea os parabéns ao SERGAS con este contrato precario.


contrato-precario-1

 E que pasa coas retribucións?

O persoal que asine un destes contratos terá unha discriminación salarial cando realice gardas obrigatorias nos PACs, o valor da hora de xornada será inferior para o persoal facultativo e non recibirán ningunha retribución polo traballo en quenda nocturna nin pola prestación en domingos e festivos.


contrato-precario-2

Para a CIG-SAÚDE estas e outras son razóns de peso suficiente para esixir a retirada deste nomeamento de precariedade.

 

Eliminar a precariedade na contratación no SERGAS é posible, só é cuestión de mudar as políticas de persoal.

 

CIG-SAÚDE esixe:

  • A retirada da taxa de reposición, e a negociación dun  para cubrir todas as prazas vacantes.plano de emprego no SERGAS
  • Contratación pola ausencia do titular e non contratar por carteleira, negando así as libranzas correspondentes ás que o persoal ten dereito.
  • Os contratos por días soltos serán ofertados só para cubrir a ausencia dun titular que solicite este permiso.
  • Mellorar a xestión dos chamamentos.
  • Negociación dun novo sistema retributivo.

Para ter dereito ás túas libranzas e permisos non tes por que ter un contrato precario!

 
Contrato de precariedade para enfermeiras Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Luns, 08 Xullo 2019 06:14

Contrato-precario-para-enfermeirxsPrecariedade-enfermeirxs-non-grazas

 
Información da Comisión central de contratacións Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Mércores, 26 Xuño 2019 10:58

20190625 CIG informa comisión central contratacións

 
Publicación listas provisionais contratacións Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Martes, 25 Xuño 2019 08:06

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Contratacion

 

Categorías:

  • facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo,
  • facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica,
  • farmacéutico/a de atención primaria,
  • fisioterapeuta,
  • logopeda,
  • médico/a asistencial do 061,
  • médico/a coordinador/a do 061,
  • odontólogo/a de atención primaria,
  • terapeuta ocupacional 
  • traballador/a social


Prazo reclamacións: DEZ días hábiles ( do 26 de xuño ao 9 de xullo de 2019)

 
Publicación listas provisionais contratacións Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Luns, 06 Maio 2019 07:21

 

O luns 6 de maio publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

  • calefactor/a,
  • condutor/a,
  • electricista,
  • fontaneiro/a
  • mecánico/a

 

Contratacion

 

 

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles ( do 7 ao 21 de maio de 2019).

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>