facebook     twitter

gripe
eu-galego
OPE
Publicada convocatoria OPE 2015 para TSPRL, Traballador/a Social e categorías de Técn. Informática Imprimir
OPE - OPE
Mércores, 11 Xaneiro 2017 11:52

Ope

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Traballador/a Social.

 

  • Convocatoria OPE 2015 (TSPRL). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE 2015 (Técn. Informática e Traballador/a Social). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social. Descargar PDF

 

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

 

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validacióndas relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 10 de febreiro.

 

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

 
Publicada a Convocatoria OPE 2015-2016 para licenciad@s sanitari@s Imprimir
OPE - OPE
Mércores, 11 Xaneiro 2017 10:54

Ope

 

 

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

 

  • . RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica. Convocatoria OPE Médico/a Admisión Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE FEAs. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE Médico/a 061 e MUH. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE Odontólogo/a e Pediatra de Atención Primaria. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria. Descargar PDF

 

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación da

s relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 13 de febreiro.

 

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

 

 

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

 
Información da Comisión Técnica de OPE Imprimir
OPE - OPE
Venres, 02 Decembro 2016 09:25


COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 25 DE NOVEMBRO DE 2016


Na Comisión técnica de OPE informouse de que se van a convocar 46 categorías, repartidas en 6 convocatorias:

Ope

1. FEAs
2. Médico/a de Urxencias hospitalarias, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a asistencial do 061
3. Médico/a de Admisión e Documentación Clínica
4. Odontólogo/a de atención primaria, Pediatra de atención primaria
5. Traballador/a social, Técnico/a de xestión de tecnoloxías da información, Técnico/a especialista
de tecnoloxías da información
6. Técnico/a superior de prevención de riscos laborais

 

Dannos ata o 9 de decembro para formular alegacións.

 

Ditas convocatorias pretenden publicalas a finais de decembro de 2016.


Quedan fóra destas convocatorias médico/a de familia, enfermaría e persoal de xestión e servizos (PSX, Aux. Administrativo, celador...) para iniciar a negociación de temarios, baremos... no primeiro semestre de 2017.

 

Modificacións máis salientables propostas pola Administración:

 

  • Vaise a reducir o tempo para a realización do exame da parte específica a 150 minutos, en lugar dos 180 da convocatoria anterior.
  • No caso de xestantes que na data de realización da proba poidan estar ingresadas, establécese que deberán comunicar o seu estado de xestación con 72 horas de antelación á data do exame, e deberán xustificar o ingreso nun hospital dentro da Comunidade Autónoma ata 5 horas antes do inicio da proba, para garantir o desprazamento do tribunal ao centro.
  • EXPERIENCIA: A Admon. propón diminuír o valor do mes de servizos prestados na metade en todos os apartados.Neste punto CIG-Saúde posicionouse en contra desta diminución solicitando que se manteña o mesmo valor que ata agora.
  • TSPRL: A Administración propón diminuír a un 25% as prazas a ofertar pola quenda de promoción interna, de tal maneira que serían 14 prazas pola quenda libre, 6 prazas para promoción interna e 1 praza pola quenda de discapacidade. CIG-Saúde solicitou o mantemento da porcentaxe do 50% tal e como se fixo nas últimas convocatorias.
 
Publicada Baremación Provisional OPE 2014 Imprimir
OPE - OPE
Venres, 18 Novembro 2016 18:17

 

Publícase o venres 18 de novembro no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014 (persoal técnico e outras categorías sanitarias).

 

  • . RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014   Descargar PDF

Ope

As listas coa baremación provisional poderanse ver na páxina do SERGAS, ao longo da mañá serán colgadas aí. (Para a categoría de Técnico/a de Farmacia, aquí)

 

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

 
Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014 Imprimir
OPE - OPE
Xoves, 03 Novembro 2016 08:15

Publícase o xoves 3 de novembro no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición. As puntuacións publicadas son as das categorías de: Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona), Fisioterapeuta,Logopeda,Terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía (TAP), Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico (TEL), Técnico/a Superior en Radioterapia, Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) e Técnico/a en Farmacia (TEF) (da OPE 2015).

Ope

As puntuacións poden verse na páxina web do SERGAS.

 

  • . RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. 
  • Puntuacións definitivas OPE 2014      Descargar PDF

 

Estas puntuacións serán tidas en conta para a elaboración das listas de contratación desas categorías na actualización automática de outubro, inda que xa rematara o prazo de inscrición, posto que así se recolle no Pacto de Contratacións:

 

Se con posterioridade ao 31 de outubro e antes da publicación da lista definitiva de baremación de cada categoría tivese finalizado a fase de oposición dun proceso de selección fixa convocado polo Servizo Galego de Saúde, na xeración de listas que se efectúe teranse en conta, para valorar a maior das puntuacións obtidas nos dous últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, os resultados deste novo proceso.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>