facebook     twitter

gripe
eu-galego
OPE
Concentracións por unha OPE digna Imprimir
OPE - OPE
Luns, 29 Febreiro 2016 11:37

POR UNHA OPE DIGNA PARA UN EMPREGO DIGNO.

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE.

 

Un dos potenciais máis importantes da Sanidade Pública é o seu persoal. Para ter uns servizos públicos de calidade, precísase persoal cualificado e suficiente. O goberno do PP, pola contra, está a facer todo o posible para reducir este capital humano á mínima expresión, eliminando ano tras ano postos de traballo na Sanidade Pública.

 

Nos anos 2010-2014 a taxa de reposición foi do 10%, de cada 10 traballadores/as xubilados/as só se cubría unha praza. No ano 2015, a taxa de reposición foi do 50% das vacantes producidas ese ano. No ano 2016, a taxa de reposición é do 100% das vacantes do ano anterior. Mais esta taxa de reposición non se está a aplicar sobre todas as prazas vacantes, senón sobre as vacantes que previamente teñen autorización para a súa cobertura.

 

A isto hai que sumarlle a eliminación de postos de traballo do Plan de Mellora de Atención Primaria, e a do Plan Galego de Saúde Mental.

 

Con esta política de persoal cada ano aumentase a precariedade laboral. E cada día hai menos traballadoras/es no SERGAS, aumentando cargas de traballo, listas de espera...

 

Esta política de persoal tamén afecta ás contratacións: este goberno está empeñado en facer contratos lixo para a cobertura de prazas estruturais, que sempre se cubriron con contratos de interinidade ou con contratos pola causa que motivaban a contratación. Agora a modalidade maioritaria de contratación no SERGAS é por día soltos.

 

As OOSS convocantes esiximos do SERGAS e do GOBERNO DO PP unha negociación na Mesa Sectorial que permita:

  • Unha convocatoria de OPE para todas as categorías co 100% das prazas vacantes desde o ano 2009.

  • A negociación dunha Orde de Vínculos que obrigue ao SERGAS a contratar pola causa que motiva a contratación.

Non imos desistir até conseguir emprego digno no SERGAS. O diñeiro público é para dar servizos públicos de calidade. Isto non se consigue se non hai persoal para prestalos. A eliminación dos postos de traballo é a ferramenta que utiliza o SERGAS para facilitar a privatización.

 

Mobilízate. Non consintas que acaben coa Sanidade Pública.

CONCENTRACIÓNS EN TODAS AS ÁREAS SANITARIAS O DÍA 3 DE MARZO

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA O DÍA 10 DE MARZO

 

 

 

No novo hospital de Vigo ás 11h. diante da dirección, planta 0 vela E

 

No H. Meixoeiro ás 13 horas na entrada principal


cartaz_concentracin-3-marzo-OPE

 
Publicadas listas definitivas de admitidas/os da OPE 2014 Imprimir
OPE - OPE
Xoves, 18 Febreiro 2016 09:18

Publícase o xoves 18 de febreiro no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para a OPE 2014 (Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, Técnica/o Superor en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Técnica/o Superior en Hixiene Bucodental, Técnica/o Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnica/o Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Técnica/o Superior en Radioterapia, Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnica/o de Farmacia), así como as persoas exentas da proba de galego.

 Ope

  • : RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. OPE 2014  Descargar PDF

 

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

 

 cig-vigo-3

Información ofrecida polo SERGAS sobre a data de exame: Logo de publicados os listados definitivos, infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición, nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia, se desenvolvan na segunda quincena do mes de MAIO.

 
O SERGAS segue utilizando a OPE como ferramenta para desmantelar a Sanidade Pública e conseguir a privatización Imprimir
OPE - OPE
Xoves, 18 Febreiro 2016 08:12

A Oferta Pública de Emprego presentada polo SERGAS na Mesa Sectorial do día 12 de febreiro, ven pór de manifesto unha vez máis a amortización de postos de traballo na Sanidade Pública. A Administración segue a aplicar a taxa de reposición, e nalgunha categoría a Oferta de Emprego é igual a “cero” desde o ano 2009, mentres que a outras categorías obrígaselles a presentarse a diversas OPE con ofertas de prazas moi reducidas.

 

Nesta OPE 2016 vanse convocar 818 prazas repartidas en varias categorías. Cando, de realizarse unha convocatoria de OPE co 100% das prazas vacantes producidas desde o ano 2009, a oferta debería de ser de máis de 3000 prazas.

 

Desde a CIG-SAÚDE seguimos exixindo que o SERGAS negocie un Plan de Emprego que permita unha convocatoria de OPE co 100% das prazas. Isto xa se fixo durante o goberno bipartito, e como consecuencia convocáronse ofertas de emprego coa TOTALIDADE das prazas.

 

→Convocatoria OPE 2006: 2722 prazas convocadas. (DOG 14 de agosto de 2006)

 

→Convocatoria OPE 2008: 3913 prazas convocadas. (DOG 26 de febreiro de 2009)

 

Terá que haber un cambio de goberno para volver devolverlle á Sanidade Pública o nº de traballadoras/es necesarios para prestar unha sanidade de calidade? Actualmente a calidade da Sanidade Pública está diminuída, xa que por moito que maquillen os datos, as listaxes de espera seguen a medrar, ao igual que as derivacións á privada.

 

Esta política de persoal, e a falta de estabilidade laboral, incrementa a precariedade laboral. Non só NON convocan prazas a OPE, senón que tampouco autorizan contratos estables de interinidade. Isto implica que o persoal, para cubrir o mesmo posto, asine contratos cada 15 días, por días soltos, ou outras modalidades perversas. E a isto chámanlle “estabilidade orzamentaria”. Con esta modalidade de contratación, obrigan ao persoal a facer unha xornada maior que a xornada SERGAS, posto que non se lle computa a diminución de xornada en función das noites realizadas.

 

Esta é a política de persoal do Partido Popular: precariedade, precariedade e máis precariedade, laboral e retributiva.


Non llo podemos permitir, o diñeiro público é para dar uns bos servizos públicos, non para que determinados sectores sigan obtendo beneficios a costa da saúde de tod@s.

 

Non o consintas! Mobilízate!


Plan de Emprego para o SERGAS XA!


Convocatoria do 100% das prazas! Contratos estables pola causa que motiva a contratación!

 
Publicado o anuncio coa data de exame da OPE Imprimir
OPE - OPE
Luns, 11 Xaneiro 2016 09:10

Publícanse o luns 11 de xaneiro no DOG as resolucións que anuncian a data de exame da OPE de Enfermaría e Médica/o de Familia e o lugar e horarios de celebración do mesmo:

 

  •  RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.OPE. Data e lugar de exame Médica/o de Familia  Descargar PDF

 

  • OPE. Data e lugar de exame Enfermeira/o. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a. Descargar PDF

 

Os exames terán lugar o sábado, 23 de xaneiro no lugar e hora que, a continuación, se indican:

Ope

Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra).


Hora:

  • Categoría de médico/a de familia: 9.30 horas
  • Categoría de enfermeiro/a: 16.00 horas.

 

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes comprendidos/as en cada unha delas. As persoas aspirantes deberán comprobar, con carácter previo, a porta de acceso que lle corresponde.

 

Non se permitirá o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto con dispositivos de telefonía móbil ou soportes con memoria. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

Os/as aspirantes serán convocados/as nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.
 
OPE 2014. Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as. Imprimir
OPE - OPE
Martes, 01 Decembro 2015 10:14

Publícase o martes 1 de decembro a resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e á lista de persoas exentas da proba de galego para a OPE 2014 (enfermeira/o especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía (TEAP), técnico/a superior e hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico (TEL), técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (TCAE) e técnico/a en farmacia (TEF))

 

Ope

  •  RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as/os aspirantes admitidas/os e excluídas/os, así como as/os exentas/os e non exentas/os do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. OPE 2014. Listas provisionais Descargar PDF

 

Ábrese prazo de reclamacións de dez días hábiles, contados a partir do 2 de decembro, que rematará polo tanto o 14 de decembro, para poder emendar a causa de exclusión.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>