facebook     twitter

gripe
eu-galego
Outras novas
Orde de integración de persoal funcionario e laboral Imprimir
Inicio - Outras novas
Xoves, 10 Xaneiro 2019 09:00

 

 


ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Procedemento.

 

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola xerencia do centro, dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e poderán ser presentadas nas oficinas de rexistro dos respectivos centros ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 3. Documentación. O persoal que efectúe a opción de integración presentará, xunto coa súa solicitude, copia compulsada da seguinte documentación:

 

a) Titulación académica ou, de ser o caso, o libro de escolaridade.

 

b) No caso do persoal médico, título de especialista que posúa e/ou que o habilite para exercer a praza que vén desempeñando.

 

c) Certificado oficial acreditativo do centro onde presta servizos, indicativo da categoría profesional, natureza funcionarial ou laboral do vínculo, situación administrativa en que se atopa, así como do seu carácter de fixeza.

 

 

Prazo de solicitudes: un mes dende a publicación da orde (do 10 de xaneiro ao 9 de febreiro).

 

Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia: poderán optar pola súa integración no réxime estatutario no prazo da súa toma de posesión.


Carreira profesional: A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración.

 

Orde no DOG

 
Complemento por baixas (IT) Imprimir
Inicio - Outras novas
Xoves, 03 Xaneiro 2019 12:33

IT2019

 
Información Mesa Sectorial 16 de novembro Imprimir
Inicio - Outras novas
Luns, 26 Novembro 2018 08:13

Mesa_Sectorial-16-nov

 
Publicación das bases da Carreira Profesional do SERGAS Imprimir
Inicio - Outras novas
Luns, 06 Agosto 2018 08:33

 

Publícanse o luns 6 de agosto no DOG as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

 

ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo.

 

O vindeiro 6 de agosto publicarase no DOG o procedemento para a solicitude de carreira.

O prazo de solicitudes será do 7 de agosto ao 28 de setembro de 2018.

Será necesario o certificado electrónico para a presentación das solicitudes.

Actualiza o teu expedient-e no FIDES, para calquera dúbida acude as/os nosas/os delegadas/os nos centros de traballo.

 
Información carreira profesional Imprimir
Inicio - Outras novas
Xoves, 26 Xullo 2018 10:33

Carreira-informacion-xullo-2018

REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE CARREIRA PROFESIONAL O 24 DE XULLO DE 2018.

 

O acordo de carreira profesional vaise publicar no DOG o 6 de agosto de 2018.

 

Aprobouse a Resolución pola que se inician os procedementos para solicitar o grao de carreira do réxime excepcional de encadre, e para solicitar o grao inicial.

 

- O prazo de solicitudes para os dous réximes (encadre e grao inicial) será do 7 de agosto até o 28 de setembro.

 

- O SERGAS aceptou para este primeiro encadre que os criterios requiridos (40 hs de formación, investigación...) sexa a realizada até o día 28 de setembro de 2018.

 

Promoción interna temporal: o persoal que se atope nesta situación poderá solicitar os dous réximes de carreira, encadre e grao inicial.

 

- Por un lado, poderá solicitar o grao correspondente de carreira na praza base na que se mantén en activo, que é a praza que ten como persoal fixo.

- Por outro lado, e ao mesmo tempo, poderá solicitar o grao inicial na categoría promocionada sempre que se atope nun contrato de interinidade en praza vacante.

 

O persoal que está no SERGAS en comisión de servizo, con praza fixa noutra comunidade, non poderá acceder a carreira, en tanto non acade destino definitivo a través do concurso de traslados aberto e permanente.

Para presentar a solicitude de carreira hai que ter certificado electrónico, para poder asinar o formulario.

 

É o mesmo procedemento que as solicitudes de OPE e concurso de traslados aberto e permanente.

 

De que se publique no DOG da resolución que inicia o prazo, no FIDES, vai a aparecer o formulario de carreira. A cada profesional lle vai saír a súa situación, con todos os datos cubertos, e terá que comprobalos antes de confirmar a solicitude.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>